La Contenedora inaugura o seu “coworking nómade”
O espazo multidisciplinar La Contenedora, situado na rúa Eduardo Iglesias, inaugura no primeiro andar un coworking “nómade” que promove a flexibilidade e as sinerxias entre artistas. Podes alugar o teu espazo entre unha e 200 horas.

Hai xa ano e medio que Leticia Rodríguez e Saúl Seoane cambiaron Alga por La Contenedora, un amplo espazo multidisciplinar situado fronte ao antigo Cine Teatro Tamberlick que funciona como cafetería, tenda, galería e academia de cursos. E, agora, tamén como coworking. Os dous puntos fortes desta iniciativa son a súa flexibilidade horaria e as sinerxias que podes crear con outros profesionais do ámbito artístico.

Sobre o primeiro punto, dependendo de canto tempo necesites, podes seleccionar desde unha ata 200 horas. Podes mercar os bonos na zona de take away, cun horario de funcionamento de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a
20:30, de luns a venres. Proximamente habilitarán unha app para poder realizar as reservas de xeito máis sinxelo, pero polo momento a dispoñibilidade está suxeita á orde de chegada. Se ao rematar a xornada de traballo sobráronche horas do paquete, podes utilizalas noutro momento.

Outra característica na que inciden desde La Contenedora é no seu ambiente artístico e creativo, o que pode xerar interesantes sinerxias de traballo e funcionar como catalizador para futuros proxectos. Preme aquí para obter máis información sobre o coworking e o resto de actividades que desenvolven neste céntrico local.
Tarifas coworking
– 200 h – 200 €
– 100 h – 130 €
– 50 h – 75 €
– 25 h – 45 €
– 8 h – 20 €
– 1 h – 4 €

Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- O labirinto administrativo de Vigo: por que é tan difícil organizar un evento cultural no espazo público - 4 Xuño, 2026
- Álex Arnoso: «Non fixemos Vimbio como unha aposta comercial, senón porque nos apetecía» - 2 Xuño, 2026
- O documental sobre o actor vigués que compartiu pantalla con Clint Eastwood ou Kirk Douglas precisa axuda - 26 Maio, 2026
- Once espazos onde escoitar música en directo nos arredores de Vigo - 21 Maio, 2026
- Imaxinatea Lab Creativo propón un campamento no que desenvolver a creatividade - 14 Maio, 2026



