O guitarreo de Little Steven inaugura os concertos de Castrelos
Pasaban poucos minutos das 22:30 da noite cando Little Steven subiu ao escenario de Castrelos coa forza dun ciclón. O guitarrista tardou pouco en encadilar ao público vigués que pronto comezou a moverse ao son do seu rock and soul setentero.
A guitarra de Steven soou con forza en Castrelos, Steven Van Zandt demostrou que continua a estar en plena forma aos seus 67 anos cun show que pasou as dúas horas de duración.
O carismático guitarrista da E Street Band de Bruce Springsteen estivo acompañado no escenario pola súa banda The Disciples of Soul, formada por máis de 10 membros. Están de xira por Europa no 2018 Soulfire Tour, disco do que tocaron tódolos temas. Pero tampouco faltaron os máis míticos de Steven que trouxo a Castrelos cancións dos seus inicios, na década dos 70.
O de Steven foi o primeiro dos dez concertos programados en Castrelos este verán. A vindeira fin de semana cambiamos totalmente de rexistro coa actuación de Serrat o sábado. Tras o concerto do cantautor catalán pasarán por castrelos Maná, Dorian e Zoé, Morat, Raphael, Lori Meyers, Juanes e OT (podes consultar as datas no noso calendario).
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- José Arcas: “As Cíes son moito máis que a praia, as gaivotas e o faro” - 9 Abril, 2021
- Manuel Jabois: “Dáseme ben facer preguntas porque son xornalista pero un novelista tamén ten que dar respostas” - 11 Marzo, 2021
- África González: «Hai anos, as mellores informáticas eran mulleres» - 5 Marzo, 2021
- Galaxia presenta un libro sobre o feminismo de Emilia Pardo Bazán - 4 Marzo, 2021
- No taxi con Manuel Chorén, que levou a Serrat o día que cancelou o concerto en Castrelos - 26 Febreiro, 2021