Kóoch: Cosmética divina
A historia de Kóoch Green Cosmetics vén dunha tradición familiar. Lissette Anziani, chilena afincada en Galicia, adoitaba ver á nai fabricando xabón artesanal para a familia. Ese recordo xeracional colleu forma en 2015, ano no que esta química de profesión decidiu, desde Tui, fundar unha marca de cosmética vegana que ofrece produtos saudables o corpo e o medio ambiente.
Kóoch Green Cosmetics promete revolucionar a rutina do coidado da pel a través de ingredientes naturais, procurando que todo o circuíto sexa sostible, coidando cada detalle, utilizando embalaxes reciclables, produtos reciclados e naturais, como a protección de recheo de millo que se disolve en auga dentro para as devanditas embalaxes. Unha aposta segura para quen que non queira renunciar á mellor cosmética pero que, asemade, queira ser consciente co planeta en que vivimos. A sostibilidade e o respecto polos animais son innegociables nos procesos de produción e distribución desta marca.
Kóoch é o nome dunha deidade patagónica, un creador de todas as cousas para o pobo tehuelche. Nesa Terra de Fogo habitaba o pobo selk’nam que, durante os ritos de iniciación, debuxaba sobre os corpos certos elementos artísticos que poden verse nos deseños da marca. De entre os produtos destacados de Kóoch Green Cosmetics atopamos as ampolas Natural Booster, xampús para os cabelos máis delicados, unha liña completa de hidratación facial e diferentes soros que nos manteñen a pel saudable en cada estación. Antes de que acabe o ano a marca presentará tres novos produtos que están pensados para as peles máis reactivas e delicadas, formulados con ingredientes moi senlleiros.
Sexa cal for o tipo de pel e as necesidades de cadaquén, hai un produto ideal nesta gama de produtos responsables. Se ti tamén te queres unir á revolución da cosmética vegana, pódelo facer sen saír da casa. Convidámoste a que visites a web koochgreencosmetics.com e escollas a unha nova rutina facial ou corporal. Protexe a pel protexendo o planeta con Kóoch Green Cosmetics.
Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024
- Noc Noc Estudio, a moda chama á porta - 21 Xuño, 2024
- Malahostia, moda con moito xenio - 27 Maio, 2024