REVISTA ABRIL

Jazmín Abuín : “Chorei cando coñecín que ía actuar en Vigo”

A actriz viguesa Jazmín Abuín vai estrearse por fin na súa propia cidade. Será o domingo no Teatro García Barbón coa comedia teatral ‘Polvorones’. Abuín asegura que está desexando xogar na casa e que con este espectáculo o público non parará de rir.

A túa bio da moito para comentar: actriz, cantante, presentadora… Que interese te queda por cumprir.
Moitos!(Risas) . Hai tantas cousas por facer… Eu adoro este traballo en tódalas súas modalidades. Gustaríame chegar a moitos “corazonciños”, contar historias coas que a xente poda sentirse identificada. De feito, tamén escribo. Penso que o importante é utilizar esta ferramenta tan grande que é o arte e a comunicación para, como digo sempre, “encher corazóns e remover conciencias”. Gustaríame que existisen máis guións nos que as mulleres teñamos voz, que non esteamos á sombra das personaxes masculinos. E seguir utilizando esta ferramenta para ir transformando a sociedade pouco a pouco. Son profesora de canto e interpretación e sempre digo ós meus alumnos que o máis bonito deste oficio é que podes poñer un espello diante ó mundo… e por suposto alegrar un pouquiño á xente. Teño una ONG coa que actuamos para os nenos hospitalizados e ver as súas caras resume perfectamente os motivos polos que escollín este traballo. Ah!! E por suposto, gustaríame traballar en Galicia, sexa nunha serie, película, presentando un programa de TV… encantaríame. Boto moito de menos a terra.

Acacias 38 ou Centro Médico son algúns dos teus traballos máis recentes e mellor valorados no audiovisual. Se tiveses que escoller entre traballar no audiovisual ou no teatro con cal se quedaría?

Se tivese que escoller… non podería! É como cando me preguntan se me sinto máis actriz, cantante ou presentadora. É que non podería escollín. O audiovisual ten algo máxico, e é que sabes que o traballo realizado vai quedar aí para sempre. É un regalo poder contar un trociño de historia que poderá ver calquera en calquera canto do mundo. Ademais, é tan incrible ver traballar a técnicos, cámaras, perruquería, xastrería, produción, scripts… é una engrenaxe perfecta que fai que o traballo do actor sexa posible e o espectador non o ve, pero vivilo dende dentro é emocionante. O teatro, por outra parte, ten a calor do público, que é insustituible e a oportunidade de que cada función sexa única e diferente á do día anterior, porque é algo vivo. É que son una namorada desde traballo… non podería escoller.

Falemos de Polvorones. Teño entendido que os primeiros ensaios da obra foron en pixama no salón dunha casa…

Creo que podería dicir que Polvorones é una das mellores cousas que me teñen pasado ata o día de hoxe na miña carreira. E, en parte, é por esa naturalidade, por esa familiaridade coa que todo xurdiu. O noso guionista e director, Juan Carlos Mestre, reuniu a un grupo de actores e actrices cos que tiña traballado en diferentes cousas para “experimentar”. Dunha desas improvisacións, xurdiu “Polvorones”. Decidiu escribir unha peza de mircoteatro e aceptárona en Microteatro por Dinero, en Madrid. Pero como el é un xenio e non pode deixar de crear, seguiu escribindo. Cando nos reunimos na súa casa para ler esa “peza de 15 minutos” descubrimos un guión de case unha hora e media que non sabíamos que existía! Estreamos a versión curta (correspondente á primeira escena da obra larga) xa sabendo que despois viña a larga. O salón da súa casa é xa unha extensión da nosa propia casa.El sabe facer familia, e iso é o que somos.

Como definirías a túa personaxe en Polvorones?

Un regalo. É un pouco “naif”. Moi hippie, non lle gustan os conflitos e sempre acaba gardando os segredos das outras. Reivindicativa, inxenua, solidaria, con moita conciencia social… ela busca as respostas no universo. E ten moita paciencia… ata que deixa de tela. Nalgunhas cousas síntome moi reflectida coa personaxe.

“É a mellor personaxe de comedia que puiden facer ata agora”

Algunha vez fixeras algo de comedia a nivel profesional?

Si, pero quizais esta sexa, na miña opinión, a mellor personaxe de comedia que puiden facer ata agora. Está tan ben definido que todo resulta doado. Dende que esta comedia chegou a min, parece que foi un talismán, porque agora van chegando moitas máis. Levaba unha época de papeis moi dramáticos e agora equilibrouse a balanza.

Como viguesa, que significa facer un bolo na túa propia cidade?. Hai moitos máis nervios?

Non teño palabras para explicalo. Chorei cando o souben. Levo 13 anos en Madrid e teño feito moitas xiras, pero ou non pasaban por Vigo, ou eu entraba na produción cando xa tiveran pasado por Galicia, ou marchaba eu a outra obra e ian a Vigo despois… todo o mundo me preguntaba “e aquí para cando?” E eu dicía “espero que para pronto”. Ademais, eu teño tanto orgullo da miña terra que sempre quero levar a todo o mundo a que coñeza Vigo, e o verán pasado unha das miñas compañeiras da obra, Paqui, que é ademais unha das miñas mellores amigas, estivo uns días e dicíamos “sería xenial vir aquí con Polvorones”. A miña familia e os meus amigos da escola levan apoiando incondicionalmente a miña carreira toda a vida. Confiaron en min cando non confiaba nin eu mesma. O día que lles dixen que ia compraron como 50 entradas e quedaban máis de dous meses. Velos no patio de butacas vai ser un momento inesquecible.

“Son catro tolas que non están tan tolas. Todos nos sentimos identificados con algunha delas”

Tras 60 representacións e unha boa presenza de público. Cal cres que é a chave do éxito deste espectáculo?

A humanidade coa que está escrito e a complicidade que hai entre nós. Creo que son catro tolas que non están tan tolas. Catro amigas que se adoran aínda que ás veces non se entendan. A amizade está por enriba de todo e ó final, acéptanse tal e como son. Son catro personaxes completamente diferentes e todo o mundo sae dicindo “ a miña favorita é tal…”, a miña é cal”… porque todos nos sentimos identificados con algunha delas. E por suposto, o humor. A xente ri moitísimo e iso fai moita falta. Creo que non hai nada máis sá que rir dun mesmo, e estes catro personaxes rin de si mesmas constantemente.

Agora mesmo compaxinas este espectáculo con outros proxectos no audiovisual.

REVISTA ABRIL

Si! Fixen un pequeno papel na última película de Mediaset dirixida por Garacia Querejeta “Ola de crímenes” que se estreará este ano, e hai un par de semanas gravei en “La que se avecina” cun papel moi divertido, para a próxima tempada. E agardando noticias de novos proxectos que están aínda no aire con moitas ganas. E desexando traballar na terra!

Para rematar. Que lle dirías ó público vigués para convencelo de que asistise a ver a próxima representación do 8 de abril?

Que a risa é terapéutica e aquí non van parar de rir! Que é unha comedia coa que se poden sentir identificados independentemente da súa idade ou xénero e que estou desexando “xogar na casa” por fin.

 

(GMT+01:00) Teatro Afundación

The following two tabs change content below.
É graduado en lingua e literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa un máster dedicado a formación e investigación literaria e teatral no contexto europeo na UNED. Ten coñececementos de varias linguas, participa e dirixe iniciativas culturais, colabora con distintas editoriais e participa en xurados de premios literarios. Na súa bitácora persoal 'Palabra de Gatsby' exerce a crítica literaria e teatral. Un proxecto en continua revisión coa intención de amosar o seu amor polas letras. www.palabradegatsby.com