Javi Maneiro, 1º aniversario de Cru e moitos máis plans para esta fin de semana en Vigo
Seica vén unha fin de semana pasada por auga, pero iso non impide que gocemos da cultura da nosa cidade nas súas múltiples variantes: música, teatro, comedia, exposiciónns, danza… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
PRESENTACIÓN ‘O CABRONARIO’ – Venres ás 20:00 no Marco – De balde
O venres presentarase no salón de actos do MARCO o libro O Cabronario de Celso Emilio Ferreiro, un poemario prohibido en España na ditadura por ir contra o franquismo. No acto de presentación do libro, participarán Xabier Ferreiro, fillo de Celso Emilio e autor do limiar; Antonio García Teijeiro, poeta e narrador; e o editor Xabier Romero.
INAUGURACIÓN ‘ARTE POR PALESTINA’ – Venres ás 20:00 no Auditorio do Concello de Nigrán – De balde
Do venres 23 ao domingo 25 o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá unha exposición e venda de obras de arte cuxos beneficios se destinarán á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (Unrwa). O venres ás 20.00 horas contará coa actuación da Orquestra de Cordas do Torreiro de Priegue, o dúo Acevedos Delgados de música de fusión e o rock do grupo Three Roosters, ademais da lectura de poemas. Ese primeiro día, a exposición estará aberta ata as 22.00 horas.
MENTES PELIGROSAS – Venres e sábado no Mar de Vigo – Esgotado
Mentes Peligrosas é un espectáculo único, cun elenco de luxo formado polos mellores humoristas deste país, en formato de 4 cómicos por cidade. Leo Harlem, Xosé A. Touriñán Ana Morgade e Eva Hache levarán a Vigo un desternillante e inesquecible show.
ISTO FERVE: ‘1953’ – Venres, sábado e domingo ás 20:00 no Teatro Ensalle – 10,00€
O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre abril e maio coa intención de reactivar o público na tempada estival. Nesta ocasión a representación é 1953 de Provisional Danza.
CONCERTOS GOA + DAFRESITO – Venres ás 21:00 na Sala Doppler – Desde 10,00€
O músico e produtor madrileño de música urbana Goa chega á sala Doppler no seu Inmortal Tour acompañado por Dafresito.
FESTA SWING – Venres ás 21:30 na Sala Kominsly – 3,00€
Festa swing organizada por Swing On na que tres picadiscos ( @meriender, @isaac8pujales e @soy_lajelen) poñerán os mellores temas de swing e jazz para mover o esqueleto.
PRESENTACIÓN DAS ‘SESIÓNS DE SOBREMESA’ DE EXERIA – Sábado á 12:30 en Discos Elepé – De balde
Foron escollidos para formar parte das “Sesións de Sobremesa”, formato acústico e en directo ao estilo “Tiny Desk” e cun ambiente distendido, composto por 2 temas inéditos: ‘Proletario’ e ‘Xa está mal’. Estarán presentando esta faceta acústica en Discos Elepé, local histórico da cidade olívica con mais de 40 anos as suas espaldas, como punto de inicio ao que será unha xira de 2024 ben cargada de directos.
Primeiro aniversario da produtora audiovisual Cru Producións, formada por Bea Saiáns e Iris Justo. “Nacimos o 8 de marzo de 2022, desde esa data devolvemos os nosos recursos ao underground, o noso hábitat. onde existe unha infinita capacidade de transformación e talento, que para moitos ollos é invisible, pero que nós abrazamos e elevamos. priorizamos equipas creativas e técnicas de mulleres ou persoas LGTBQIA+ para paliar a desigualdade de acceso destas ao universo do cinema e ás que brindamos un entorno seguro para traballar”.
MARÍA ZAMBRANO, LA PALABRA DANZANTE – Sábado e domingo ás 20:00 en Sala Ártika – Desde 10,00€
Karlik danza-teatro rende homenaxe á filósofa española. Tras case medio século de exilio, España recoñecerá a figura de María Zambrano outorgándolle no 1981 o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e, en 1988, será a primeira muller en recibir o Premio Miguel de Cervantes de Literatura. Invitámosche a coñecer a figura de María Zambrano como muller, pensadora, creadora a través da palabra danzante, da imaxe, a metáfora e o símbolo dende o pensamento poético.
MANEIRO – Sábado ás 22:30 na Sala Masterclub – Desde 10,00€
O cantante e compositor Javi Maneiro xira este mes de febreiro por teatros e salas de concertos de Galicia para dar a coñecer o seu cuarto álbum en solitario, Un bonito despertar. Sobre o escenario, xa recuperado do accidente cerebrovascular que sufriu no 2022, o cantante acompañarase dunha banda conformada por Manu Rey (batería), Pachi Cruz (baixo), Rubén Cores (guitarra), Fernando Calvo (guitarra) e Iria Iglesias (teclados).