ASNEVES
REVISTA MAIO

Arte por Palestina

23feb(feb 23)20:0025(feb 25)14:00Arte por PalestinaARTE E MUSEOS | De balde20:00 - 14:00 (25)(GMT+01:00) Auditorio do Concello de Nigrán

Detalles do eventos

Do venres 23 ao domingo 25 o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá unha exposición e venda de obras de arte cuxos beneficios se destinarán á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (Unrwa).

A exposición e a venda das obras doadas por artistas de recoñecido renome, como R. Úbeda, J.M. Barreiro, Caino, M. Lence, X. Costa, P. do Palacio, E. Herranz, J. Pastor, A. Cerviño e E. Gómez-Dahlgren, entre outros, durará toda a fin de semana e estará amenizada por un evento musical cada día.

O venres 23 ás 20.00 horas, contará coa actuación da Orquestra de Cordas do Torreiro de Priegue, o dúo Acevedos Delgados de música de fusión e o rock do grupo Three Roosters, ademais da lectura de poemas. Ese primeiro día, a exposición estará aberta ata as 22.00 horas.

O sábado 24, a exposición estará aberta entre as 11.00 e as 14.00 horas, e de 17.00 a 21.00 horas. A parte musical da xornada contará coa participación do dúo Vaghetti-Montero de microrrelato e guitarra, ás 19.00 horas; e o recital dos profesores de canto e piano, Pilar e Arabel Moráguez. Entre ambas as actuacións haberá un recital de poesía de Betheléem, Premio Nacional de Poesía de Nadal, acompañada pola voz e o piano de Soledad García e Carla Fernández.

O evento propoñerá para o domingo 25, a partir das 12.00 horas, unha sesión de zumba con Jean Cal e as súas alumnas.

Máis

Hora

23 (Venres) 20:00 - 25 (Domingo) 14:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Concello de Nigrán

Avenida Castelao, 2, 36350 Nigrán, Pontevedra

Other Events