ASNEVES
REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Festival Isto Ferve: '1953'

23feb20:00Festival Isto Ferve: '1953'ESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre Abril e Maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza

1953 – Provisional Danza

Todo comeza nun instante, nun lugar. O casual fixo que o fixese en 1953, é o meu punto de partida, non lembro nada se non é polo contado; analízoo e desenvólvoo sabendo que só desde as relacións humanas contidas, desde este lugar, pode entenderse que, como seres humanos, sexamos capaces de sobrepoñernos a situacións de vixilancia e ausencia de liberdade. Quizais por iso atopeino na danza como expresión do non vivido, o contado e imaxinado. Son mundos imperfectos de difícil medida.

Máis