CAMELIAS MASCOTAS

Ikigai Training, a esencia en forma

María e Nataly verten os respectivos coñecementos como adestradora e coach nun novo centro de adestramento situado no centro da cidade: Ikigai Training. As creadoras contan que a esencia do negocio é unha atención personalizada na que mesturan deporte e psicoloxía.

O concepto xaponés ikigai designa «o propósito vital» ou «a razón de ser»; supón un proceso de autocoñecemento en que o resultado debera ser a conxugación dos gustos, das habelencias e das necesidades de cadaquén. As responsables prometen un sistema de adestramento exclusivo cuxo obxectivo central é o benestar, tanto físico como emocional. Isto é posible grazas a grupos de non máis de cinco persoas por aula e á valoración inicial que de cada cliente se fai; un estudo que lle serve á adestradora para personalizar os exercicios individualmente, mesmo nas clases grupais.

REVISTA NOVEMBRO

Acabado de reformar, o local dispón de máis de 300 metros cadrados de estruturas ao xeito dun box de CrossFit, pero tamén ten unha área tranquila para realizar sesións de pilates. As actividades son diversas e variadas, con niveis que van desde o máis básico ata o de deportistas especializados e profesionais.

Adestramento de alta intensidade, halterofilia ou adestramento concorrente, no que se combina exercicio cardiovascular e de forza no que se vai escalando escalando en intensidade, son algunhas das opcións. Ofrécense sesións enfocadas no benestar emocional que se poden contratar individualmente. Ademais prevense escapadas ao aire libre, que combinen a esixencia física de obstáculos naturais co pracer de saír á natureza.

Os menores de idade tamén teñen cabida en Ikigai, con adestramentos específicos para deportistas infantís e adolescentes. «Queremos facer unha verdadeira educación física, que a rapazada aprenda desde abaixo o xeito correcto de coidarse a través do deporte», explica María.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.