CAMELIAS MASCOTAS

Hematofesti, ‘As que limpan’, Robe e magostos esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana en Vigo chega cargada de música, comedia, teatro, actividades infantis, mercados e magostos. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

As que limpan de A Panadaría | Cedida

HEMATOFESTI – De xoves a domingo en diferentes espazos – Gratis ou desde 3,00 €

O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria e vehículo de aprendizaxe. O evento, que se celebrará do 6 ao 10 de novembro, aposta polo ambiente familiar e a boa onda que caracterizaba ao Hematocrítico nas redes sociais. As dúas galas principais teñen lugar o xoves no Mar de Vigo e o venres no Teatro Salesianos.

COMEDIÁRTIKO: ‘AS QUE LIMPAN’ – Venres, sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 12,00 €

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

CATRO PEZAS: ‘COSAS QUE SUENAN’ – Venres, sábado e domingo ás 20:00 no Teatro Ensalle – 10,00 €

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005 cun criterio de selección similar á programación habitual da sala. Adoita mesturar no seu programa compañías veteranas e novas (este ano teremos dous Premios Nacionais de Danza), pero sempre cunha linguaxe innovadora. Nesta ocasión programan ‘Cosas que suenan’.

ALBERTO CUNHA: ’35 AÑOS DANDO EL CANTE’ – Venres ás 21:30 na Casa de Arriba – 5,00 €

Será un repaso a toda a súa carreira musical e estará acompañado de grandes amigos artistas como Eladio Santos, Frans Banfield, Andrés Cunha, Jacobo Jiménez ou Bea Míguez.

DIRTY SOUND MAGNET – Venres ás 22:00 na Sala Reubllón – Desde 15,00 €

O mellor do rock emerxente internacional desembarca na Sala Rebullón. Este venres, 8 de novembro, Dirty Sound Magnet chega desde Suíza para descargar o seu rock ácido e cheo de enerxía, unha auténtica viaxe psicodélica que vén de esgotar entradas o martes no seu concerto en Bilbao. Fará as delicias do público seguidor de bandas míticas do rock como Led Zeppelin, King Gizzard, Jimi Hendrix, The Doors, Pink Floyd, Frank Zappa ou Black Sabbath.

MERCADO RECICLADO – Sábado e domingo en Simia – De balde

O Mercado Reciclado organizado por Felicetta Gualtieri celebra os dous anos de existencia cunha nova edición deste singular mercado o sábado 9 e o domingo 10 de novembro, facendo un chamamento a consumir de maneira responsable previo ao Black Friday. Como é habitual o mercado se celebrará en Simia Coworking (Alfonso XIII, 9) e estará distribuído en dúas plantas nas que atoparemos proxectos de moda upcycling e de segunda man, coa posibilidade de levar tres prendas da casa e intercambialas por outras tres.

EL SHOW DE BLUEY – Sábado e domingo en varios horarios no Mar de Vigo – Desde 36,00 €

“O show de Bluey” é a adaptación teatral da serie preescolar de animación Bluey, gañadora dun premio Emmy®, realizada por Ludo Studio. O público de todas as idades poderá ver en familia a Bluey, Bingo, e a mamá e papá Chilli e Bandit como nunca os vían, con marionetas creadas con brillantez e decorados icónicos.

ROBE – Sábado ás 21:30 no Ifevi – 46,00 €

Roube Iniesta é unha figura icónica do rock español. Como líder de Extremoduro, revolucionou o panorama musical co seu estilo único e letras cheas de intensidade. Tras a disolución da banda, continuou a súa carreira en solitario, mantendo viva a chama do rock e conectando cos seus seguidores a través de cancións que falan da vida, o amor e a loita. A súa voz inconfundible e o seu carisma convertérono nun dos artistas máis queridos e respectados do noso país. A xira 2024 de Robe Ni santos ni inocentes percorrerá de maio a novembro toda a xeografía española, e servirá de presentación de Se nos lleva el aire, o seu flamante e esperado novo disco, que chega tras o éxito incontestable do seu predecesor, o laureado disco de ouro Mayéutica

DIVINE SENTENCE + FACED OUT + xDERRADEIRO NÍVELx – Sábado ás 21:00 na Sala Kominsky – 12,00€

REVISTA NOVEMBRO

Os suízos Divine Sentence son unha banda metalcore caótico militantemente vegana, que nos visita na súa extensa xira europea que están a facer entre outubro e novembro. Se che gustan Zao, os primeiros Converge, xRepentancex e a liberación animal absoluta isto é para ti. Acompáñanos os xa veteranos Faced Out, top riffers do GHC e a única banda de metalcore á vella escola real de Galicia. Puro slayer-core en vena de Arkangel, Reprisal ou From The Dying Sky. Abrirá á velada a representación Straight Edge do GHC xDerradeiro Nívelx que están rápidamente sacando callo en directo, establecendose como unha banda que poderia estar en Trustkill Records se nasceran 20 anos antes.

MAGOSTOS – Varias datas en varios espazos – De balde

É tempo de castañas! Nas próximas semanas celébranse numerosos magostos en diferentes espazos da cidade. En concreto este sábado día 9 temos magosto no Casco Vello Alto, na Sala Rebullón, no Berbés, en Beade, en Valadares, en Cabral, en Freixo e en Coruxo!