Detalles do eventos
Teremos a DIVINE SENTENCE dende Zúrich, Suiza na cidade, unha banda metal core caótico militantemente vegana, que nos visita na súa extensa xira europea que
Detalles do eventos
Teremos a DIVINE SENTENCE dende Zúrich, Suiza na cidade, unha banda metal core caótico militantemente vegana, que nos visita na súa extensa xira europea que están a facer entre outubro e novembro. Se che gustan Zao, os primeiros Converge, xRepentancex e a liberación animal absoluta isto é para ti.
Acompañanos os xa veteranos FACED OUT, top riffers do GHC e a única banda de metal core á vella escola real de Galiza. Puro slayer-core en vena de Arkangel, Reprisal ou From The Dying Sky. Sede en Ourense pero espíritu en Bélxica anno 1999.
Abrirá á velada a representación Straight Edge do GHC xDERRADEIRO NIVELx que están rápidamente sacando callo en directo, establecendose como unha banda que poderia estar en Trustkill Records se nasceran 20 anos antes.
Hora
9 novembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

