Dirty Sound Magnet
08nov22:00Dirty Sound MagnetCONCERTOS | Desde 15,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Unha vez máis, o mellor do rock emerxente internacional desembarca na Sala Rebullón. Este venres, 8 de novembro, Dirty Sound Magnet chega desde Suíza para descargar o
Detalles do eventos
Unha vez máis, o mellor do rock emerxente internacional desembarca na Sala Rebullón. Este venres, 8 de novembro, Dirty Sound Magnet chega desde Suíza para descargar o seu rock ácido e cheo de enerxía, unha auténtica viaxe psicodélica que vén de esgotar entradas o martes no seu concerto en Bilbao.
Dirty Sound Magnet está de xira por Europa para presentar “Dreaming in Dystopia”, o seu último disco, coa Rebullón como única parada en Galicia. Na península, os suízos xa actuaron en Bilbao, Santander e Oviedo, e, despois do seu agardado espectáculo en Tameiga, visitarán Madrid, Sevilla ou Barcelona, entre outras cidades. As entradas, desde 15 euros en anticipada, online (máis gastos) e no CSCD As Pedriñas; 18 euros na billeteira.
Rock ácido, psicodélico e mesmo surrealista é o que practica Dirty Sound Magnet, tres suízos que cantan sobre lugares máxicos e garanten unha viaxe ácida absoluta. Desde cancións pegadizas de rock and roll de gran enerxía ata psicodelia chamánica, o espectáculo de Dirty Sound Magnet representa unha experiencia incrible para calquera amante da música.
En calquera momento, unha explosión de enerxía electrizante pode transformarse en paisaxes emocionalmente abrumadoras e misteriosas feitas de complexas capas de cores. O ollo ve tres músicos, mentres o oído escoita unha orquestra. E cada noite a música é diferente…
Sen lugar a dúbidas, o concerto deste venres de Dirty Sound Magnet na Rebullón fará as delicias do público seguidor de bandas míticas do rock como Led Zeppelin, King Gizzard, Jimi Hendrix, The Doors, Pink Floyd, Frank Zappa ou Black Sabbath.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Séguenos nas redes