REVISTA ABRIL

Que facer en Vigo esta fin de semana

Estes son algúns dos plans máis destacados que podemos facer en Vigo esta fin de semana, entre o 21 e o 23 de abril.  Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida, a máis completa de Vigo.

Bala | Foto: Pablo Vázquez

Festival Creativa – Venres e sábado pola tarde en Galería Maraca (De balde)

A Galería Maraca celebra o día da creatividade ao grande, cun festival que xa está en marcha e que durará tres semanas. Exposicións, charlas de deseñadores, artistas e creativos, concertos, presentacións e proxeccións en varios locais da cidade e con entrada libre. Toda a programación pode verse aquí.

Concerto de Bala + Youcanthide – Venres ás 20:30h na Sala Rouge (15 €)

Bala é un dúo de stoner e grunge formado por Violeta e Anxela que hai un ano lanzaron o seu último disco. Youcanthide é unha formación viguesa de post punk e trap. Dúas bandas moi potentes e básicas para entender o underground da cidade.

Vermú creativo – Sábado ás 12h en Simia Espacio (De balde)

O Almacén Cultural organiza esta quedada con música, vermú, pinchos e presentación da colección de upcycling textil Felicetta Gualtieri. Ademais haberá un obradoiro de improvisación literaria, impartido por Constance Hurlé cun custe de 10,00€.

Aaronbril tattoo festival – De venres a domingo, de 12 a 23h no IFEVI (25 €) [ACTUALIZACIÓN: Evento posposto ao 2, 3 e 4 de xuño ]

Festival internacional de tatuaxes que reune a profesionais importantes do sector. Tatuaxes, piercings, concertos, espectáculos, concurso de miss e mister tattoo e moitas actividades.

O sonoro maxín – Sábado ás 19h na Sala Rebullón (10 €)

O sonoro maxín é unha banda xurdida da unión de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum. Reggae, ska, ritmos latinos, rumba e cumbia, cos que se pretende sobre todo facer que a xente baile.

O mel non caduca – Sábado e domingo ás 20h na Sala Ártika (10€)

Dous científicos en 2173 tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado.

Orquesta 430 con Maya Levi – Sábado ás 20h no Auditorio Martín Códax (6€)

A Orquesta Vigo 430 ofrece un concerto no que a violinista belga Maya Levy será a protagonista interpretando o papel principal no concerto para violín, piano e cuarteto de corda.

Cinvigo – Sábado e domingo na Porta do Sol (De balde)

Na céntrica Porta do Sol, temos a oportunidade de ver 55 postos con proxectos científicos realizados por centros educativos galegos, a gran maioría de Vigo. A feira que espertar achegar á ciencia a todos os públicos, espertar vocacións e aumentar a cultura científica da sociedade. Consulta aquí todas as actividades.

Festa de aniversario As da Bouza – Sábado todo o día (De balde)

REVISTA ABRIL

A asociación da zona verde de Coia celebra unha festa polo seu segundo aniversario que comezará ás 12 coa elaboración du mural colaborativo polos nenos do barrio, xantar popular, xogos e animación e concerto de Habelas Hainas.

Carabela – Domingo ás 18h no auditorio Municipal do Concello (5 €)

Peza de teatro infantil dentro do programa Vigocultura, que conta a historia de Carabela, a cociñeira dun barco que naufraga nunha illa de plástico e deberá pedir axuda aos seus novo amigos mutantes para sair dela.