UVIGO
FILLOAS

Que facer en Vigo esta fin de semana

Afrontamos a última fin de semana de novembro cunha manchea de propostas interesantes. Aquí 10 propostas para facer en Vigo e a súa área estes días: desde ferias ata concertos, pasando polo teatro e sen esquecer aos cativos! Para todas as actividades pódese ampliar a información premendo no título. Encontra moitos máis eventos en Vigo na axenda de eventos de A Movida.

Espíritu, o novo espectáculo de Santi Rodríguez

Culturgal – Venres, sábado e domingo no Pazo da Cultura – Desde 4€
Cita anual que reúne ao sector cultural galego, que achega ao público as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte

Fredi Leis – Venres ás 21h no Teatro Afundación – 10€
Concerto do cantautor compostelán, que presenta por primeira vez en directo o seu novo disco “Temas Privados”, un proxecto con 10 cancións inéditas como ‘La Novena’, ‘Deja Vu’ ou ‘Nivel Experta’.

Festival 8 Pés – Venres e sábado na Concatedral de Santa María – De balde
A Clásica celebra a segunda edición deste festival de órgano, que concentra en Vigo a un grupo de artistas excepcionais de proxección internacional. O programa volve xirar ao redor do órgano da Concatedral, o único en activo nun templo da cidade. 

Jarfaiter – Venres ás 21.30h na Sala Molotov – Entradas esgotadas
Jarfaiter é un artista multidisciplinar. Rapeiro, bandoleiro e actor. Os concertos de Jarfaiter son unha experiencia única e as súas rimas destilan rúa. Letras que cospen a realidade de España vistas desde o punto de vista dun mozo marxinal.

Chungo Pastel – Sábado ás 12.30h no CC Vialia – De balde
Grupo de rock-pop vigués formado por batería, baixo, guitarra eléctrica, teclados e pequena percusión. Fan versións novas de cancións que todos coñecemos e innovan con cancións propias do ‘Proxecto Somos’, sempre con moita cana, reivindicando e facendo chegar a todo o mundo o seu flow.

Mercado reciclado – Sábado de 16h a 22h en Simia Espacio
Iniciativa en contraposición ao black friday que quere apoiar e promover a economía local e circular, a través do troco e a venda de roupa de segunda man. A ocasión contará co concerto de Michu da Rocha e os bailes de Swing On, ademais dun posto de tatuaxes a cargo de Xeitoso Ink.

Espíritu de Santi Rodríguez– Sábado ás 20h no Teatro Afundación – Desde 16€
Un espectáculo que nos mostra que todo o que esperamos ou tememos atoparnos alén é sorprendentemente divertido. Un monólogo que vai máis aló da comedia, porque é comedia do “máis aló”. Humor doutra dimensión.

JC Smith & The Red Duck Blues – Sábado ás 22h na Sala Rouge – Desde 15€
Por primeira vez, este gran guitarrista actúa en Galicia xunto ao grupo vigués The Red Duck Blues. JC Smith trae unha experiencia musical electrizante e carismática, con música que viaxa desde Jumpin Blues ata Old School Soul.

Arantxa Treus e Lucía Veiga – Sábado ás 22.30h en Sinatra Cóctel Bar – 11€
Unha sesión dos famosos ‘Monólogos de la Treus’, coa actriz galega Lucía Veiga como artista convidada nesta ocasión. Lucía é famosa polas súas improvisacións, pero tamén a podedes ver en programas como Luar, Malo Será ou a exitosa serie de Movistar Rapa.

SuperThings Live! – Domingo ás 17h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 18,75€
Primeiro show que dá vida aos SuperThings, o fenómeno xogueteiro entre nenos e nenas de 4 a 9 anos. Un trepidante e un divertido espectáculo familiar inspirado nas súas existosas series de Youtube, que inclúe as cancións máis famosas dos seus protagonistas.

CAMELIAS NADAL