bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

22feb22:00Alberto CunhaCONCERTOS | De balde22:00 La Pecera

Máis

Detalles do evento

Grazas á súa prodixiosa e ben adestrada voz, este artista é capaz de sacar ao escenario multitude de voces diferentes, imitando a grandes artistas de onte, hoxe e sempre.

Tambien canta co seu propio estilo temas de moi variadas tesituras e ritmos, clásicos, pop, rockeiros, baladas, etc… interpretando algúns en italiano, francés, inglés ou portugués…

Algunhas das súas imitacións son tan extraordinarias que fixeron dubidar ao público da posibilidade de que fose “ play- back” total o que nese momento estaban a escoitar. Por iso é frecuente que o artista deleite con algún que outro tema “ a capella “ para demostrar que a súa voz é en rigoroso directo.
Recibidas con asombro polo público son as súas imitacións, como as de :
Louis Armstrong,, Elvis Presley, Roy Orbison, Queen, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel Serrat, etc, etc…
Así ata moitos outros, e mesmo personaxes da contorna televisiva ou de actualidade tampouco se libran do seu fino sentido do humor…

En definitiva, é un show que mestura a música coas imitacións e o humor, un espectáculo variado e cheo de sorpresas que promete non deixar indiferente a ninguén.

Un só artista sobre o escenario que se desdobra en multitude de interpretacións cheas de alegría e bo facer.
Músico, compositor, cantante, actor, humorista, imitador, presentador…

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X