CAMELIAS MASCOTAS

Gaña dúas entradas para ver a Luis Piedrahita

Queres ver o show de Luis Piedrahita Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas no Teatro Afundación o 22 de marzo? Se es subscritor da revista estás de noraboa porque automaticamente participarás no sorteo. Se non o eres a que estás esperando?

Os subscritores de A Movida, ademáis de recibir a revista cada mes na súa casa poderán participar en sorteos exclusivos coma este ou beneficiarse de descontos e promocións especiais. E o máis importante de todo, están apoiando un proxecto creado por e para a cultura e o ocio en Vigo.

SOBRE O SHOW As amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas

É vostede deses que len a recensión dun espectáculo antes de ir velo? Agora non diga que non, porque lle pillamos infraganti. Está vostede de parabén.

As amígdalas das miñas amígdalas son as miñas amígdalas é un show de Luís Piedrahita pensado para xente como vostede. Xente esixente, aseada e con sentido do humor.

Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI.

O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita  quen o dixo

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA NOVEMBRO
  • Ser subscritor da revista de A Movida. Se aínda non o es preme nesta ligazón.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 15 de marzo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu mail ou número de teléfono; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Dúas entradas para ver o show de Luis Piedrahita Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas no Teatro Afundación o 22 de marzo ás 21.00 horas.
A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.