VIALIA
bannerPicnicSesions

Gaña dúas entradas para ‘No te metas en política’ coa nosa exposición

Este martes fixemos o gran acendido de ‘As outras luces de Vigo’, unha mostra fotográfica na que aparecen retratadas diferentes persoas da cultura viguesa posando con luces led e que pode visitarse na rúa Príncipe (diante do MARCO) ata o domingo día 10. Grazas a ela podes gañar dúas entradas dobres para o espectáculo ‘No te metas en política’ que estará este domingo no Teatro Afundación.

Para participar no sorteo, tes que pasarte pola exposición (diante do MARCO), sacar unha foto no photocall (panel que se ve na foto). Alí hai instaladas unhas luces leds para que ti tamén brilles con luz propia. Se prefieres ter de fondo a foto do teu artista favorito tamén é válido. Súbea ao teu Instagram co hashtag #AsOutrasLucesDeVigo. A foto máis orixinal será a gañadora.

O sábado, 9 de novembro, anunciaremos a persoa gañadora.

SOBRE ‘NO TE METAS EN POLÍTICA

Tras deixar atrás a xira No te Metas En Política: Tour e o seu programa homónimo, Miguel Maldonado e Facu Díaz volven á estrada cun novo espectáculo de comedia que recolle e amplía o espírito alternativo e crítico co que levan máis de cinco anos traballando xuntos. O NOVO TOUR, que é como decidiron chamalo nun alarde de orixinalidade e frescura, é unha mestura do político e o frívolo, un show no que voluntaria ou involuntariamente terminarán demostrando o difusa que é a liña entre ambos os conceptos. Estes dous charlatanes percorrerán de novo teatros, auditorios e palacios de congresos de todo o estado para poñer os puntos sobre as íes, co convencemento de que non teñen nin a máis mínima idea do que están a dicir.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser seguidor en Instagram de @amovidavigo.
  • Sacar unha foto na exposición ‘As Outras Luces de Vigo’.
  • Subila ao teu Instagram co hashtag #AsOutrasLucesDeVigo.
  • O sábado, 9 de novembro, anunciaremos a persoa gañadora.

Gañador/a:
A foto máis orixinal será a que leve as dúas entradas.

O premio:
Sortease unha entrada dobre para o show No te metas en política do domingo 10 de novembro ás 19 horas no Teatro Afundación.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

  • Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.