VIALIA
bannerPicnicSesions

Gaña dúas entradas para ver a Drivin N Cryin na Rouge

En A Movida seguimos sumando sorteos. Desta vez pasamos do humor á música xa que vamos sortear dúas entradas dobres para o concerto que a banda americana Drivin N Cryin dá na Sala Rouge este venres ás 22.00.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVERS. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é ata o mércores 2 de outubro ás 12 da noite. O xoves 3 coñeceremos os nomes da persoas premiadas.

SOBRE DRIVIN N CRYIN

Drivin N Cryin, a banda liderada por Kevn Kinney, é un dos segredos mellor gardados do rock americano das últimas décadas. En 1985 comezaron a súa carreira musical e agora regresan a España tras 12 anos sen pisala, para presentar o seu novo álbum “Live The Love Beautiful”.
Drivin N Cryin foron contemporáneos doutras ilustres formacións como Cracker, The Black Crowes, Soul Asylum, Buffalo Tom, Gov´t Mule, The Replaccements, … pero ademais xunto a The Georgia Satellites e Drive By Truckers, entre Atlanta e Xeorxia crearon unha escena musical que reavivou a paixón polo rock americano cando todas as miradas dirixíanse a Seattle e o movemento grunge, onde eles tamén atoparon un gran séquito de fans.

Poucas formacións son capaces de encandear tanto ao público rockeiro, ao indie, ao country ou o punk do modo que o fixeron Drivin N Cryin ao longo de toda a súa historia. A súa música vai máis aló dunha etiqueta, son moito mais que unha banda de rock e por iso son unha das bandas máis respectadas e admiradas en USA e teñen un lugar de privilexio no Hall Of Fame de Atlanta. Os seus directos son irresistibles, é nos seus concertos onde aflora todo o seu bo facer sobre o escenario, así que esta noite en Vigo marcarán un antes e un despois na cidade.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
    • Enlace da publicación en Facebook.
    • Enlace da publicación en Twitter.
    • Enlace da publicación en Instagram.
  • Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 2 de outubro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores das entradas serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entradas dobres para ver á banda de rock americano Drivin N Cryin na Sala Rouge o venres 4 de outubro.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Instagram ou Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.