VIALIA
bannerPicnicSesions

Gaña dúas entradas para a obra de teatro ‘Despois das ondas’

A tempada de artes escénicas do Auditorio do Concello de Vigo xa comezou hai unhas semanas. Este venres acolle unha peza teatral na que darán vida a María Casares, referente do teatro no noso país. Baixo o título Despois das ondas veremos unha mestura entre teatro e o cinema onde gozaremos dunha experiencia teatral inesquecible: un filme feito en directo. A cita é o venres 11 de outubro ás 21 horas no Auditorio do Concello e podes gañar dúas entradas só por ser seguir de A Movida.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Twitter ou Instagram, darlle gústame na publicación sobre este sorteo. Lembrámoste que todos aqueles subscritores da revista entran a participar automaticamente neste sorteo. Se tí aínda non es #AMOVIDALOVER e non gozas de todas as vantaxes que isto supón preme aquí.

SOBRE A OBRA

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Twitter ou Instagram de @amovidavigo
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o xoves 10 de outubro ás 12 da noite. O venres 11 pola mañá coñeceremos o nome da persoa premiada.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o perfil da rede social na que participara ou no número de teléfono (no caso de ser subscritor); se nun prazo dunhas horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéase unha entrada dobre para a obra Despois das ondas da compañía ButacaZero, englobada dentro do programa Vigocultura, que se celebrará o venres 11 de outubro ás 21 horas no Auditorio do Concello de Vigo.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Twitter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo alguno a promoción, nin están asociados a ela.