CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Gala Galicia Ilusiona, Goyo Jiménez e Triangulo de Amor Bizarro esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana ofrécenos plans para todos os gusto: magosto, concertos, maxia, monólogos, teatro, carreiras, mercados de artesanía… Toma papel e boli e toma nota! Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Edición do ano pasado da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona | P. Vázquez

30 ANIVERSARIO CC CAMELIAS – Venres desde as 16:30 no CC Camelias – De balde

O Centro Comercial Camelias celebrará o seu 30º aniversario cunha festa o vindeiro venres 18 de outubro, de 16:30 a 21:00. Este evento especial, que conmemora tres décadas de historia e servizo á comunidade, ofrecerá unha ampla gama de actividades para todos os visitantes: exposición fotográfica, proxección dun docuvlog, música en directo, torneo de futbolín, animación infantil…

MAGOSTO AS DA INDUSTRIA – Venres desde as 18:00 na Praza da Industria – De balde – EVENTO POSPOSTO AO VENRES 25 POR MOR DA CHUVIA

É tempo de castañas! A Asociación As da Industria organiza o venres 18 o seu magosto particular na Praza da Industria coas actuacións de Sonsolos Penadique (espectáculo infantil, 18:00) e Ardora (concerto acústico, 20:00).

COSMIC WACHO + MICHU E PACHECO – Venres ás 22:00 na Sala Rebullón – Desde 11,00 €

Os produtores Aless (Málaga) e Franco Felici (Santa Fe, Arxentina) e músicos únense en 2020 para formar un proxecto que serve de ponte entre as sonoridades latinas e a vangarda urbana. A cumbia, como filla predilecta do ritmo latino americano, serve de nave ama de cría para transportar a mestura conceptual lírica e sonora de Cosmic Wacho. Abrindo o concerto estará o músico local Michu da Rocha en formato dúo acústico.

MERCADO CERÁMICO – Sábado de 10:00 a 18:30 no Mercado de Teis – De balde

No todo el pescado está vendido dálle unha volta ao seu habitual MERCADO DA ARTE da praza de abastos do Calvario, para expandir a súa rede de artesáns a outros mercados sendo, neste caso, o Mercado de Teis, outra zona moi emblemática da cidade onde a vida de barrio segue moi presente nas súas rúas e no seu día a día. A cerámica será a protagonista do evento. Unha disciplina que está en auxe cada día máis, pasando pola cerámica utilitaria á de deseño. Distintas escolas na nosa cidade abalan esta disciplina e grandes mestres vigueses, como Emilia Guimarães ou Miguel Vázquez, son en parte, responsables deste auxe artesanal.

PRESENTACIÓN NOVO DISCO STONED AT POMPEII + SHOWCASE – Sábado ás 13:00 en Discos Elepé – De balde

O trío de rock local presenta o seu segundo disco, Blissphony, na emblemática tenda de discos Elepé. Ao rematar a presentación realizarán unha pequena actuación acústica e asinarán os discos.

GRAN GALA INTERNACIONAL GALICIA ILUSIONA – Sábado e domingo ás 18:00 e 20:30 no Teatro García Barbón – Desde 16,00 €

Chega a terceira edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos nun mesmo escenario. A gala estará conducida por Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Néstor Hato (Francia), Ramó e Alegría (Barcelona), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do (Corea) e Jérôme Murat (Francia).

GOYO JIMÉNEZ – Sábado ás 18:30 e 21:00 no Mar de Vigo – Desde 24,00 €

O popular cómico regresa a Vigo cun dobre pase no Mar de Vigo para os que xa quedan moi poucas entradas. Esta vez presenta o espectáculo Misery Class, onde analiza a sociedade actual e ofrece inxeniosas e hilarantes solucións que nos axudarán a mirar o futuro con optimismo.

PAELLA – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 11,00 €

Paella é unha comedia de autor onde o que realmente conta é o feito teatral a través da mestura de linguaxes escénicas, cunha aparente ausencia de trama e unha combinación de temas: igualdade de xénero, conflitos persoais, laborais, culturais, existenciais… Un espectáculo contemporáneo en clave de humor cun pulso trepidante que nos impide baixar do escenario ata que cae o pano.

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO – Sábado ás 23:30 na Sala Masterclub – Desde 15,00 €

CAMELIAS NADAL

Para conmemorar os 20 anos que a banda leva nos escenarios, na súa xira XX20 ANOS DEL TRIÁNGULO, Isa, Rodrigo e Rafa póñense en mans do Tarot. Ao comezo de cada actuación serán o Azar e o propio público de cada cidade quen decida que 2 discos íntegros se tocarán en cada concerto, de entre os 6 que compoñen a súa discografía, convertidos en cartas tarománticas.

CARREIRA VIGO CONTRA EL CÁNCER – Domingo ás 10:00 en Coia – Desde 9,00 €

O próximo 20 de outubro, as rúas de Coia volverán tinguirse de azul contra o cancro coa celebración da XI edición da carreira Vigo Contra el Cáncer. O percorrido desta proba deportiva é o mesmo que o das últimas edicións, con saída desde a explanada onde se celebran as festas de Coia e itinerario pola Avenida Castelao e Avenida de Europa ata a altura da Fundación Sales onde se realiza un cambio de sentido para volver polo mesmo traxecto ata a praza de América. Os corredores inscritos na proba de 10 km deben dar dúas voltas ao circuito. Como cada ano, levarase a cabo unha proba adaptada con saída deste mesmo lugar ás 9:45 horas. Despois sairán os corredores de 10 km ás 10:00 h, e por último os de 5 km ás 10:45 h. A Asociación Vigo Contra o Cancro financiará, co diñeiro recadado, por primeira vez un estudo de cancro de cérvix ou pescozo uterino; o cuarto cancro máis común nas mulleres.