CAMELIAS

Este domingo pechan as inscrición da XI Carreira Vigo Contra el Cáncer

20out10:00Este domingo pechan as inscrición da XI Carreira Vigo Contra el CáncerACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 9,00 €10:00(GMT+02:00) Alcampo (Coia)

Detalles do eventos

Este domingo 13 pechan as inscricións para participar na XI Carreira Vigo contra el cáncer. Preme aquí para inscribirte.

O próximo 20 de outubro, as rúas de Coia volverán tinguirse de azul contra o cancro coa celebración da XI edición da carreira Vigo Contra el Cáncer. As inscricións xa están abertas para todas as modalidades: a carreira competitiva de 10 km que puntúa para o circuito Vigo Run Run, a modalidade non competitiva de 5 km que se pode facer correndo ou camiñando e o dorsal 0 para aquelas persoas que non poidan participar o día do evento pero queiran apoiar esta causa solidaria. A inscrición pode realizarse en liña a través da páxina web vigocontraelcancer.com ou de maneira presencial, na planta de deportes do Corte Inglés.

O percorrido desta proba deportiva é o mesmo que o das últimas edicións, con saída desde a explanada onde se celebran as festas de Coia e itinerario pola Avenida Castelao e Avenida de Europa ata a altura da Fundación Sales onde se realiza un cambio de sentido para volver polo mesmo traxecto ata a praza de América. Os corredores inscritos na proba de 10 km deben dar dúas voltas ao circuito. Como cada ano, levarase a cabo unha proba adaptada con saída deste mesmo lugar ás 9:45 horas. Despois sairán os corredores de 10 km ás 10:00 h, e por último os de 5 km ás 10:45 h.

Os dorsais poderán recollerse o sábado día 19/10 (en horario de 10:00 a 21:00 horas, no Corte Inglés) ou o propio domingo día 20/10 na explanada de Coia, (de 08:00 a 09:30 horas no caso dos corredores de 10km, e de 08:00 a 09:45
horas para aqueles participantes na proba de 5km). Nesta undécima edición tamén estará dispoñible o servizo de gardarroupa; os corredores poderán deixar as súas pertenzas no mesmo ata media hora antes da saída da súa proba. Os participantes e os seus acompañantes tamén poderán participar en diversas actividades que completarán a xornada.

A Asociación Vigo Contra o Cancro financiará, co diñeiro recadado, por primeira vez un estudo de cancro de cérvix ou pescozo uterino; o cuarto cancro máis común nas mulleres.

Prezo 9,00 € carreira de 5 km e 13,00 € carreira de 10 km.

Máis

Hora

20 outubro, 2024 10:00(GMT+02:00)

Localización

Alcampo (Coia)

Rúa do Grove, 1, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events