VIALIA
bannerPicnicSesions

A feira de consumo sostible máis grande de España celébrase esta fin de semana en Galicia

Galicia acolle esta fin de semana a feira de consumo ecolóxico e sostible BioCultura. Tres xornadas nas que participarán preto de 100 expositores e se levarán a cabo máis de 80 actividades relacionadas co sector ecolóxico: alimentación, ecoturismo, cosmética, moda sostible, bioconstrucción, e todo aquilo que ten que ver cun estilo de vida sostible.

REVISTA ABRIL

BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande de España, chega á Coruña do 4 ao 6 de marzo a ExpoCoruña, con todas as novidades do sector ecolóxico e cunha gran oferta para un turismo sostible. Nesta terceira edición en Coruña, prevese unha afluencia de 13.00 persoas atraídas polas diferentes actividades coas que contará a feira, como un cento de expositores, showcookings, cata de viños e licores ecolóxicos, showroom de ecoestética, unhas xornadas de acción ante a crise climática, cociña e manualidades para os máis pequenos e unha zona lúdica con foodtrucks e música ao vivo. Na web da organización pode consultarse o programa completo.

Esta variedade de oferta converte BioCultura nun evento lúdico, consciente e informativo sobre o consumo ecolóxico e respectuoso co medio ambiente. Biocultura é un encontro de referencia a nivel nacional e internacional que se celebra anualmente en Barcelona e Madrid e cada dous anos en Sevilla, Valencia, Bilbao e A Coruña. A súa longa traxectoria, con máis de 35 edicións en Madrid, poñen de manifesto o interese da cidadanía en adquirir hábitos máis saudables e ecolóxicos.

A entrada na feira ten un custo de 3€ para un día e de 5 € para as tres xornadas. Os menores de 14 anos e os socios da Asociación Vida Sana entran gratis. A entrada pode adquirirse xa na web de Biocultura e con ela, os asistentes entran no sorteo dunha cesta de produtos ecolóxicos e experiencias de ecoturismo, sector ao que está dedicado a presente edición de Biocultura Coruña.