VIALIA
bannerPicnicSesions

Retro Galicia celebra o seu X Aniversario esta fin de semana

Tras o éxito do Galiexpo Motor Show, o IFEVI volve a encherse de apaixoados do mundo do motor con Retro Galicia, neste caso dos coches e motos clásicos. O evento, que se celebrará os días 15 e 16 de febreiro, contará con numerosos postos comercias, proba de Rally, centos de vehículos en exposición e unha homenaxe a Beny Fernández e Lalao Reverter.

O Salón do Vehículo Clásico e de Época Retro Galicia celebra 10 anos cunha ambiciosa programación, da que poderemos gozar este sábado 15 e domingo 16 no IFEVI. O prezo para acceder ao recinto será de 8€ por día, agás se te achegas nun vehículo clásico (mínimo 30 anos de antigüedade), xa que neste caso só pagarás 5€ e poderás aparcar no interior do pavillón. Desde a organización esperan recibir a un total de 20.000 persoas da cidade e doutras partes de Galicia.

No apartado comercial do evento haberá sobre 80 expositores nos que poderemos mercar coche, motos, pezas, miniaturas, libros, roupa ou calquera elemento relacionado co mundo do motor. Mesmo haberá zonas habilitadas por se desexas vender o teu vehículo.

En canto as homenaxes, realizaranse o día 15 ás 17:30 aos expilotos de rally Beny Fernández e Lalao Reverter, este último a título póstumo. Ambos son considerados pioneiros da competición galega desta modalidade, expandindo o rally galego máis aló das nosas fronteiras. Tamén haberá homenaxes a vehículos, como os 100 anos de Alfa Romeo, os 50 anos do Seat 124 Sport ou os 75 anos da marca Montesa.

Outra das novidades será a sección Con ADN de Vigo, que mostrará oito modelos clásicos fabricados na nosa cidade, na factoría PSA. Como complemento, o sábado haberá unha concentración de automóbiles con ADN local a partir das 10:00 na Zona Franca de Bouzas, onde serán invitado a almorzar polo Consorcio. De alí sairán rumbo ao IFEVI, onde os vehículos quedarán expostos no aparcadoiro interior para seren vistos polos visitantes.

REVISTA ABRIL

O sábado tamén será a celebración do XIV Rally de Primavera – Premio Retro Galicia, en marcha desde as 11 da mañá no aparcadoiro interior e rematará a media mañá coa entrega de premios. O horario da feira será o sábado de 10:00 a 21:00 e o domingo de 10:00 a 20:00.

SÁBADO 15
10.00 h. Concentración ‘ADN de Vigo’ e almorzo en Zona Franca de Vigo.
11.00 h. Saída do Rally de Primavera. (En parking de clásicos)
11.30 h. Inauguración oficial. (Na entrada Principal)
11.30 h. Concentración de Superdeportivos. (En parking de clásicos)
12.00 h. Presentación do Club Clásicos Ford de España. (No stand do club)
13.00 h. Chegada da concentración ‘ADN de Vigo’. (En parking de clásicos)
14.30 h. Chegada do Rally de Primavera. (En parking de clásicos)
17.30 h. Homenaxe a Beny Fernández e Lalao Reverter. (En stand dedicado a ambos)

DOMINGO 16
10.00 h. Apertura de portas.
20.00 h. Peche da feira.