REVISTA OUTUBRO

Tony Lomba & Elio dos Santos

30dec18:0020:30Tony Lomba & Elio dos SantosCONCERTOS | Desde 15,00 €18:00 - 20:30(GMT-11:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

DOBRE PASE: 18:00 E 20:30

A semana pasada presentámosvos a nova canción de Nadal do dúo local formado por Tony Lomba e Elio dos Santos. Pensabamos que este ano íamos quedar sen o seu tradicional concerto para despedir o ano, máis os artistas acaban de anunciar que non será así! O concerto, non poderá ser en La Fábrica de chocolate, como é habitual, pero o mércores 30 de decembro poderemos velos no Auditorio do Concello. As entradas xa están dispoñibles por 15€ en Ataquilla.

En anteriores anos cantaron sobre as propias festas, Rosalía ou mesmo Abel Caballero, mais este ano a temática era obrigada: o coronavirus e a posible futura vacina no 2021. Cunha melodía fermosa e pegadiza, o tema xa se converteu nun éxito nas escasas 24 horas que leva en Youtube.

Podedes ler aquí a entrevista que lles fixemos hai dous anos, ademais do vídeo que filmamos no estudio caseiro de Eladio da canción Ay Yoli Yoli.

Máis

Hora

30 decembro, 2020 18:00 - 20:30(GMT-11:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events