CASAACUNHA

Tony Lomba e Elio dos Santos estrean o seu novo hit de Nadal

Este domingo xa comezou a viralizarse a nova canción de Tony Lomba e Elio do Santos, que como non podía ser doutra maneira vai dedicado a este 2020 tan particular. O vídeo xa acumula máis de 6000 visualizacións nun só día.

Banner A Movidiña

O Nadal non comeza cando se acenden as luces, senón cando o dúo Tony Lomba e Elio dos Santos estrean a súa xa clásica canción de Nadal. En anteriores anos cantaron sobre as propias festas, Rosalía ou mesmo Abel Caballero, mais este ano a temática era obrigada: o coronavirus e a posible futura vacina no 2021. Cunha melodía fermosa e pegadiza, o tema xa se converteu nun éxito nas escasas 24 horas que leva en Youtube.

A parte negativa e que este ano non poderemos escoitar este novo hit en directo, xa que as salas de concertos continúan pechadas e polo tanto non haberá esa dobre data en La Fábrica de Chocolate, tan habitual nos últimos anos. Ademais, nesta ocasión decidiron ilustrar a canción cunha fotografía nosa, tomada o pasado xaneiro na actuación que ofreceron baixo a árbore de Nadal xusto antes do apagado do alumeado.

Podedes ler aquí a entrevista que lles fixemos hai dous anos, ademais do vídeo que filmamos no estudio caseiro de Eladio da canción Ay Yoli Yoli: