
Sinsal Litoral: Rodrigo Cuevas
Detalles do eventos
Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao
Detalles do eventos
Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao 26 de xullo de 2020.
22 XULLO: Castelo de Soutomaior. Escenario Turismo Rías Baixas | 21:30
Cantante, compositor, acordeonista e percusionista, Rodrigo Cuevas (Oviedo, 1985) defínese como un axitador folclórico e como parte do movemento “sexyfolk”. Ao festival Sinsal Litoral chega con “Trópico de Covadonga”, o seu terceiro espectáculo escénico, que comezou a rodar en 2019. Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo, celebración dos dereitos innegociables, fermosas coreografías contemporáneas. No espectáculo, participa Raül Refree na produción musical, coescritura e arranxos da maioría dos temas, cómplice tamén no último disco do asturiano “Manual de cortejo”. Un traballo feito sen presa, para escoitar sen presa, para vivir sen presa. “Hai xiringüelu, hai muiñeira, hai habaneras, hai cancións de cesteiros; hai textos que falan do pasado, do futuro, do importante e do prescindible”, di o artista. Curioso, investigador, amante do espectáculo, Cuevas fai unha radiografía sonora do que para el é Asturias, Galicia “ou cada un dos lugares cuxa música tradicional me conmove”. E faino coa intención de seducir o público; un pracer absoluto contar coa estrela asturiana para a xornada de apertura de Sinsal Litoral.
O trío de folk Tanxugueiras fará a súa primeira aparición post-confinamento nesta xornada, interpretando temas do seu novo disco.
23 XULLO: Illa de San Simón. A senda circular
24 XULLO: Cesantes e Meirande. Marisqueo a pé + Andaina polo patrimonio industrial de Meirande + A insularidade no cinema + Concerto Laura Lamontagne
25 XULLO: Vigo. Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario + Concerto Los hermanos Cubero
26 XULLO: Mosteiro de Oia. Concerto Trilitrate
Máis
Hora
22 xullo, 2020 21:30(GMT+01:00)
Localización
Castelo de Soutomaior
Rúa do Rial, s/n, 36691, Pontevedra
- Mes actual