Sinsal Litoral: A Senda Circular

23xul11:0018:00Sinsal Litoral: A Senda CircularFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 18:00(GMT+02:00) Illa de San Simón

Detalles do eventos

Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao 26 de xullo de 2020.

Illa de San Simón (Redondela) | 11:00En colaboración coa Fundación Paideia Galiza, o festival presenta a xornada “A senda circular” para o xoves 23 de xullo en San Simón durante todo o día, dirixida a público profesional. O obxectivo, reflexionar sobre a oportunidade de converter os desafíos existentes en espazos de mellora e evolución que nos permitan adaptarnos mellor aos cambios que se aveciñan, creando á súa vez unha economía eficiente e sostible no uso dos recursos, na protección da saúde das persoas, na protección do medio ambiente e do patrimonio cultural e orientada á persecución de obxectivos comúns.  Un reto que abarca temas tan diversos como os relacionados con aspectos ambientais (xestión de recursos, biodiversidade, residuos, cambio climático), sociais (saúde, igualdade, cambio dos patróns de consumo, políticas) e económicos (novos modelos, investigación e transferencia tecnolóxica, igualdade de oportunidades).

Coa economía circular como eixo transversal, con maior protagonismo por mor da COVD19 na estratexia de entidades e empresas, ao longo desta xornada compartiranse recursos, proxectos, ideas e experiencias co obxectivo de aunar forzas e crear sinerxias e alianzas que nos permitan avanzar e impulsar a sustentabilidade. A economía circular como a mellor das estratexias posibles para a implicación da comunidade local nos eventos culturais.

Programa
11:00 a 11:15h Presentación
11:15 a 13:00h CIRCULARIDADE MOTOR DE CRECEMENTO Fundación PAIDEIA. Presentación do proxecto Circular LABS. Ana Rodríguez Vázquez, Revertia, Fundación PAIDEIA. Presentación de Emprendemento Social.
13:00 A 13:30. Mesa Redonda
13:30 a 15:00h Comida e networking
15:00 a 16:00h SENDA CIRCULAR. Visita á Illa de San Simón con Iria Vázquez
16:00 a 18:00h CREANDO CIRCULARIDADE Con Isaac Piñeiro, Clúster de Saúde de Galicia, ECOBAS e Cinbio.
18:00 a 18:30h ALÉN DO AZUL. Con Sara Carrasco e Silvia Iglesias. Catro Ventos Editora.

Esta xornada con prazas limitadas está dirixida a artistas, investigadores, deseñadores, xestores culturais, entidades do Sector Social, persoas emprendoras e empresas. Participación a través de convite.

24 XULLO: Cesantes e Meirande. Marisqueo a pé + Andaina polo patrimonio industrial de Meirande + A insularidade no cinema + Concerto Laura Lamontagne

25 XULLO: Vigo. Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario + Concerto Los hermanos Cubero

26 XULLO: Mosteiro de Oia. Concerto Trilitrate

Máis

Hora

(Xoves) 11:00 - 18:00(GMT+02:00)

Localización

Illa de San Simón

Illa de San Simón, Pontevedra

Other Events