COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Sinsal Litoral: Andaina polo Vigo Portuario

25xul11:30Sinsal Litoral: Andaina polo Vigo PortuarioFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 8,00€11:30(GMT+02:00) Praza da Princesa

Detalles do eventos

Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao 26 de xullo de 2020.

Andaina polas orixes e actualidade do Vigo Portuario | Praza da Princesa (punto de partida) | 11:30

Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario coa colaboración de Vigo Pesqueiro (Fundamar) e a actuación especial de Modulador de Ondas, proxecto musical do thereminista Paulo Pascual. Prazas: 20. O punto de encontro é a Praza da Princesa, en Vigo, e a actividade ten unha duración aproximada de dúas horas. Ao remate, aqueles participantes que o desexen poden gozar dunha degustación en Viveiros López Novoa. O prezo da andaina é de 8 euros e o prezo da degustación é de 7 euros.

Máis

Hora

25 xullo, 2020 11:30(GMT+02:00)

Localización

Praza da Princesa

Praza da Princesa, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events