VIALIA
CAMELIAS NADAL

Sinsal Litoral: Redondela e Meirande

24xul11:3020:30Sinsal Litoral: Redondela e MeirandeFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas11:30 - 20:30(GMT+02:00) Centro de Interpretación de Meirande (Redondela)

Detalles do eventos

Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao 26 de xullo de 2020.

Marisqueo a pé | Cesantes | 11:30

Marisqueo a pé. Andaina coas mariscadoras da Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela e a asociación de turismo mariñeiro Amarturmar.  Participación especial da poeta Dores Tembrás recitando “Cartografía de palabras desobedientes”.
Prazas: 20. Punto de encontro: Lonxa de Cesantes (Redondela). A actividade ten unha duración aproximada de dúas horas e media.

Andaina polo patrimonio industrial de Meirande | Centro de Interpretación de Meirande (Redondela) | 16:45

Andaina co arqueólogo Xurxo Constela polo patrimonio histórico e industrial de Meirande (Redondela). Con este experto na historia de Rande e museólogo do Centro de Interpretación, os asistentes poderán coñecer o patrimonio industrial, cultural e humano desta parte do litoral de Redondela. Prazas: 20. Duración da actividade:  unha hora e media aproximada. Punto de encontro: explanada Duchess, á altura do cargadoiro.

A insularidade no cinema | Centro de Interpretación de Meirande | 18:15

Javier Trigales presenta “Fotogramas Illados: breve historia da insularidade no cinema”. Alfonso Zarauza presenta “Rodar nas illas: A aventura de ONS”. Entrada de balde. Capacidade limitada.

Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio | Meirande. Escenario SON Estrella Galicia | 20:30

A poeta e cantautora galega Laura LaMontagne (Lugo, 1993) forma xunto co produtor e picadiscos PicoAmperio un singular duo no que mesturan cantigas medievais de Martín Códax e textos de Lorca ou Val del Omar con música sintética e ritmos urbanos. Xuntos ofrecen a súa particular visión do folclore despois de pasalo por filtros da electrónica, o hip-hop e o trance até dar con algo totalmente novo. Aforo limitado.

25 XULLO: Vigo. Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario + Concerto Los hermanos Cubero

26 XULLO: Mosteiro de Oia. Concerto Trilitrate

Máis

Hora

24 xullo, 2020 11:30 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Centro de Interpretación de Meirande (Redondela)

Lugar de Rande, s/n, 36800 Redondela, PO

Other Events