VIALIA
bannerPicnicSesions

Roteiro Vigo pesqueiro: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA

24xul19:00Roteiro Vigo pesqueiro: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELAACTIVIDADES PARA O COCO | 8,00 €19:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.

Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.

  • Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA. Este percorre terá o punto de encontro en Porto Cultura, antiga nave de redeiros, e onde nos agardan as aventuras dun intrépido navegante galego “Gonzalo de Vigo” que xunto con outros mariños embarcouse con Magallanes ata as Molucas. Moi preto del, agárdannos as historias do Cable Inglés e o cable Alemán, de cando as noticias do mundo pasaban Vía Vigo. O Porto foi importante para a pesca, e non só, posto que Vigo foi tamén un importante porto de emigración a finais do XIX e do séc XX. Polo Paseo Marítimo irémosnos encontrando con esculturas como o Bañista e o Nadador, de Francisco Leiro, ou como Jules Verne que nos falará dos misterios que a nosa ría agocha. Remataremos na Praza da Estrela, onde se atopa a sede da Autoridade Portuaria.

  • Venres 31 de xullo:  ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events