REVISTA OUTUBRO

Roteiro Vigo pesqueiro: DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA

18xul11:00Roteiro Vigo pesqueiro: DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCAACTIVIDADES PARA O COCO | 8,00 €11:00(GMT+02:00) Estación Marítima

Detalles do eventos

A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.

Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.

  • Sábado 18 de xullo: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA. Neste caso, os participantes encóntranse na Estación Marítima de Vigo, de onde se dirixirán ao Areal, primeiro barrio industrial de Galicia. En Rosalía de Castro, en Salinae  agardará o persoal do centro para facernos unha visita guiada. Descenderemos ata o mundo romano, e a súa industria de salazón e sardiñas en ánfora. Unha vez rematada a visita ás salinas, continuaremos cara a rúa García Barbón, onde, entre os emblemáticos edificios, merece un aparte o Odriozola, por seres a sede da Axencia Europea de Pesca, unha proba máis que converte á nosa cidade en Capital Europea Da Pesca.

  • Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA

  • Venres 31 de xullo:  ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.

Máis

Hora

18 xullo, 2020 11:00(GMT+02:00)

Localización

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events