VIALIA

Roteiro Vigo pesqueiro: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOS

11xul11:00Roteiro Vigo pesqueiro: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOSACTIVIDADES PARA O COCO | 8,00 €11:00(GMT+02:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.

Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.

  • Sábado 11 de xullo: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOS
    Esta actividade terá comezo na casa do Patín en Bouzas (Rúa de Eduardo Cabello, 41A) e transcurrirá polo paseo Valentín Paz Andrade ata o Museo do Mar en Alcabre, destacando os elementos de cultura mariñeira e da pesca da Vila de Bouzas, que aínda sabe a sal. Unha vez no Museo, quen o desexe poderá visitar por libre na sala de exposicións temporais a mostra de Nelson Villalobos “Blanquísima su Presencia” que conta con 60 pezas deste artista cubano que mostran a relación Galicia-Cuba-La Habana-Vigo.

  • Venres 17 de xullo:  A GUÍA: VIXÍA DO MAR. A NOSA ESTRELA NA TERRA 

  • Sábado 18 de xullo: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA

  • Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA

  • Venres 31 de xullo:  ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events