Roteiro Vigo pesqueiro: A GUÍA, VIXÍA DO MAR. A NOSA ESTRELA NA TERRA
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.
Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.
- Sábado 11 de xullo: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOS
- Venres 17 de xullo: A GUÍA: VIXÍA DO MAR. A NOSA ESTRELA NA TERRA
- Este percorrido comeza no faro de A Guía (Travesía Espiñeiro 1) o segundo máis antigo en Galicia despois da Torre de Hércules. Imos poñer en valor os elementos marítimos, pesqueiros e industrias da contorna, coma o Barrio de Ríos, A Etea, Punta Lagoa e falaremos tamén de destacadas familias da conserva, da “sardiñocracia” que fixaran na Guía a súa residencia.
- Sábado 18 de xullo: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA
- Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA
- Venres 31 de xullo: ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.
Máis
Hora
17 xullo, 2020 19:00(GMT+02:00)
Localización
Monte da Guía
Av. de Dona Fermina, 48A, 36207 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes