A pista de patinaxe do Náutico permanecerá aberta ata o 18 de febreiro
Os amantes da patinaxe sobre xeo e aqueles outros que queren probar a súa destreza sobre patíns, malia correr o risco de escachar o cú no xeo, están de sorte. Este ano instaláronse tres pistas para patinar sobre xeo en Vigo: unha no Náutico, a máis céntrica; outra en Samil, que pechou portas o pasado domingo; e a terceira no barrio de Lavadores na zona de Barreiro. Se queredes probar a ver que tal se vos dá deslizarvos sobre o xeo bulide, porque quedan poucos días. A de Barreiro pecha hoxe domingo 28 de xaneiro e a do Náutico acaba ne anunciar que permanecerá aberta ata o 18 de febreiro.
A pista colocada na zona das Avenidas do Náutico presume de ser a máis grande de Galicia cunha superficie de 700 metros. Pola súa banda, a situada no parque infantil de Barreiro está acompañada por atraccións de feria para os máis pequenos e unha tirolina de 80 metros de lonxitude.
Pista de Xeo zona Náutico:
- Horario: De luns a venres de 16:30 a 22:30 horas. Sábado, domingos e festivos: 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 23:00 horas.
- Prezo: 7€ inclúe patíns
- Duración: 45 min
Pista de Xeo Barreiro:
- Horario: de 16:30h a 22:00h de luns a xoves. Venres, sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 22:00h.
- Prezo: 5€ / 4€ entrada anticipada inclúe patíns
- Duración: 45 min