VIALIA
bannerPicnicSesions

A pista de patinaxe do Náutico permanecerá aberta ata o 18 de febreiro

Os amantes da patinaxe sobre xeo e aqueles outros que queren probar a súa destreza sobre patíns, malia correr o risco de escachar o cú no xeo, están de sorte. Este ano instaláronse tres pistas para patinar sobre xeo en Vigo: unha no Náutico, a máis céntrica; outra en Samil, que pechou portas o pasado domingo; e a terceira no barrio de Lavadores na zona de Barreiro. Se queredes probar a ver que tal se vos dá deslizarvos sobre o xeo bulide, porque quedan poucos días. A de Barreiro pecha hoxe domingo 28 de xaneiro e a do Náutico acaba ne anunciar que permanecerá aberta ata o 18 de febreiro.

REVISTA ABRIL

A pista colocada na zona das Avenidas do Náutico presume de ser a máis grande de Galicia cunha superficie de 700 metros. Pola súa banda, a situada no parque infantil de Barreiro está acompañada por atraccións de feria para os máis pequenos e unha tirolina de 80 metros de lonxitude.

Pista de Xeo zona Náutico:

  • Horario: De luns a venres de 16:30 a 22:30 horas. Sábado, domingos e festivos: 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 23:00 horas.
  • Prezo: 7€ inclúe patíns
  • Duración: 45 min

Pista de Xeo Barreiro:

  • Horario: de 16:30h a 22:00h de luns a xoves. Venres, sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 22:00h.
  • Prezo: 5€ / 4€ entrada anticipada inclúe patíns
  • Duración: 45 min