CAMELIAS MASCOTAS
Ensalle

Ensalle encóntrase con Terrorismo de autor para crear Canchal VI

Ensalle acolle durante esta semana á asociación audiovisual Terrorismo de autor. Xuntos, están creado un Canchal, un experimento escénico en continuo crecemento, que se exporá ao público durante a fin de semana.

Ensalle

No sentido estricto da palabra, un canchal é unha acumulación de rocas ou entullos, xeralmente consecuencia do derrubamento dunha ladeira. A compañía leva o sentido metafórico do termo ao seu terreo para designar un proceso orgánico (e non organizado) de creación escénica.

Ensalle, a compañía de teatro experimental que dirixe o teatro vigués co mesmo nome, comezou a facer canchais no 2016 e son xa seis as experiencias creadas con esta metodoloxía, sempre en simbiose con distintas compañías invitadas. Desta volta acolle á asociación madrileña Terrorismo de autor como residentes artísticos no seu espazo para participar con eles dun proceso de contaxio entre os modos de facer de ambos grupos. ‘Trátase de remover as linguaxes, sacudirnos e nutrirnos dos outros e do resultado’, explica Pedro Fresneda, director e autor dos textos de Ensalle.

O punto de partida deste Canchal VI foi o texto dun futuro traballo da compañía viguesa titulado ‘Antes de que llegue la bestia’, sobre o que ambos grupos experimentan durante esta semana para crear unha peza, sempre en proceso, conxunta. Ensalle dende a linguaxe do teatro contemporáneo e Terrorismo de autor, dende o audiovisual.

REVISTA NOVEMBRO

Aínda que traballan en diferentes soportes, ambos grupos están seguros de atopar as súas similitudes como actores periféricos. ‘Non nos gusta a sociedade na que vivimos e non temos ningún interese en formar parte do centro, que está ocupado polo convencional’. Do mesmo xeito, afirman que a técnica do canchal enriquécese cando se procura traballar nas diferenzas entre ambos. ‘Buscamos o incómodo para crear’, explica Fresneda.

Sobre o argumento pouco sabemos. Apenas que o sentido da vista terá un papel protagonista no espectáculo e que a parte audiovisual falará da saturación de imaxes á que estamos expostos. Será a través dunha montaxe de imaxes que amosarán ‘a basura e a beleza de internet’, en palabras do colectivo Terrorismo de autor, que ve o seu traballo como un xesto de ecoloxía contra a sobrecreación de imaxes.

A posta en escena de Canchal VI en Vigo será os días 28 e 29 ás 22h e o domingo 30 ás 21h . Os espectadores poden esperar unha peza en proceso, que será previsiblemente diferente en cada pase e cun resultado inesperado, tanto para público como para autores. Despois, o experimento mudarase a Valencia, onda a peza volverá evolucionar ou, quizáis, romperse de novo. Quen sabe.

(GMT+01:00) Teatro Ensalle

(GMT+01:00) Teatro Ensalle

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.