COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Iniciativa para crear entre todos o noso #Vigofavorito

Freetour Vigo extende a idea #Lugofavorito do guía turístico Guido Álvarez Parga, e anima a todos os vigueses e viguesas a participar da iniciativa #Vigofavorito, para viaxar polos nosos recordos e visitar eses rincóns da cidade que máis nos gustan e quen sen dúbida redescrubriremos cando o confinamento remate.

Borja Concheiro, alma mater de Vigofreetour, extendendo a iniciativa lucense quere aproveitar o tempo de corentena para que entre todos xuntos creemos unha memoria colectiva que serva para poñer en valor as belezas e riquezas da nosa cidade.

Participar é moi sinxelo, só hai que escribir un texto explicando cales son os lugares favoritos de Vigo de cada un. O texto debe estar preferiblemente escrito en papel e a man para recuperar así este costume tan bonito e esquecido na nosa sociedade dixital actual, aínda que tambén podedes envialo ao mail freetourvigo@gmail.com ou deixalo na páxina web de Freetour Vigo como un comentario.

SONRIAS

Pode estar en galego, castelán ou calquer outro idioma. O mellor é publicalo nas redes sociais para darlle máis visibilidade ao voso escrito e a acción. Neste caso só tedes que publicar unha foto do texto empregando o hashtag #VigoFavorito