VIALIA
bannerPicnicSesions

Emilio Gutiérrez Caba: “Bergmann, como algunhas das súas actrices insinuaban, debía ser terrible”

Coincidindo co Día da Muller Traballadora estréase en Vigo ‘Después del ensayo’ á adaptación da obra máis autobiográfica de Ingmar Bergmann. Unha obra cargada de espírito feminino na que a muller é a clave. Malia todo, Emilio Gutiérrez Caba, director deste espectáculo, cre que Bergmann nunca foi capaz de tratar as mulleres coa compresión que merecían.

¿Como xorde a idea de representar, por primeira vez en castelán, ‘Después del ensayo’ de Ingmar Bergmann?
Todo o empeño en ver sobre un escenario esta obra bergmaniana tivo en Joaquín Hinojosa (adaptador do texto) e Cuco Afonso (director) os seus máis importantes promotores. Pasaron moitos anos ata que conseguiron presentala sobre un escenario.

Pensa que se logrou esa posta en escena que a obra precisa?
Cada obra creo que pode e debe montarse en escena de maneira diferente. Esta é unha proposta moi persoal de Cuco Afonso que buscou nela non só a atmosfera teatral que a rodea senón tamén o conflito de fondo no que se ven somerxidos os seus personaxes: o paso do tempo, a destrución do presente…

“Penso que pretende que vexamos que el foi un ser moi positivo en moitos aspectos, cousa que persoalmente dubido moito.”

Esta obra semella a derradeira posibilidade de redención de Bergmann e por iso íspese por completo expoñendo os seus fracasos e éxitos…
Creo que é certo que Bergmann trata de redimirse neste texto como o fai en cada unha das súas películas, trata de xustificar o inxustificable da súa actitude ante as mulleres, ante aquelas actrices que coñeceu, amou e dirixiu. Penso que pretende que vexamos que el foi un ser moi positivo en moitos aspectos, cousa que persoalmente dubido moito. Bergmann, como algunhas das súas actrices insinuaban, debía ser terrible.

REVISTA ABRIL

Juan José Afonso estivo uns 10 anos buscando o elenco ideal para o proxecto. Por que foi tan complexa a selección dos actores?
Ás veces leva moitos anos levar adiante un proxecto. Neste caso debíase a problemas de datas, a formulacións derivadas do propio reparto, á dispoñibilidade de teatros… En resumo, a unha acumulación de circunstancias que atrasaron a súa posta en escena.

“Bergmann non rematou por dar visibilidade á muller co amor e a comprensión que se precisaba.”

A muller é o elemento chave desta obra de Bergmann. Curiosamente este bolo en Vigo coincidirá co día da muller.
En efecto, todo o texto esta cheo de un espírito feminino, da necesidade de comprender e aceptar á outra parte fundamental da humanidade na sociedade, a cal Bergmann non rematou por dar visibilidade co amor e a comprensión que se precisaba.

Cal pensa que foi o maior acerto desta obra?
Nesta obra fálase das relacións humanas, do amor, da incoherencia, da soidade, do abandono e da maxia do teatro. Calquera desas razóns creo que é válida para acudir a un pase desta obra. O máis acertado é que hoxe esteamos a falar dela e de ese xenio do teatro que naceu en 1919. Falamos de cultura de verdade, da cultura con maiúsculas.

(GMT+01:00) Teatro Afundación

The following two tabs change content below.
É graduado en lingua e literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa un máster dedicado a formación e investigación literaria e teatral no contexto europeo na UNED. Ten coñececementos de varias linguas, participa e dirixe iniciativas culturais, colabora con distintas editoriais e participa en xurados de premios literarios. Na súa bitácora persoal 'Palabra de Gatsby' exerce a crítica literaria e teatral. Un proxecto en continua revisión coa intención de amosar o seu amor polas letras. www.palabradegatsby.com