VIALIA
PLAYDOC

Dez plans en Vigo para facer máis levadeira a volta á rutina

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 8 ao 10 de setembro. Aínda quedan noites de verán e festexos ao aire libre, ao tempo que a volta á rutina chega ás salas de música e teatro que comezan a activar a súa programación. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

O músico Castillo tocando no Nautico | P. Vázquez

PRIMAVERA DO CINE – Xoves a domingo no Aunditorio do Concello – Desde 3,00 €

O festival de cine decano da cidade programa bloques de curtametraxes galegas e brasileiras e proxecta as loongas ‘Meu amigo Lorenzo’ (estrea mundial), ‘Liña de Fuga’, ‘De verdade queredes saber o que pensamos?’ e ’10 de marzo’, documental de Roi Cagiao sobre o movemento obreiro galego nos anos 70 e segunda parte de ‘Vigo, 1972’. Ver programa completo aquí.

FESTAS EN SAN ANDRÉS E CANDEÁN – Toda a fin de semana – De balde

As parroquias de Candeán e San Andrés de Comesaña celebran esta fin de semana as súas festas populares. Música tradicional e pasarrúas polo día, orquestras pola noite e actos relixiosos son o menú de ambas celebracións. Fai click aquí para ver o cartel de Candeán e aquí para ver o de San Andrés.

CONCERTO DE OS VACALOURAS NO TEIS FEST – Venres desde mediodía na ETEA – De balde

A festa veciñal do barrio da ETEA chega á súa XVI. Haberá xantar popular para socios e amigos, mercado, barra, actuacións de bandas, teatro e danza e o o concerto de Os Vacalouras como colofón. [EVENTO CANCELADO POLA CHUVIA]

CONCERTO DE CASTILLO – Venres 8 ás 21:30h na Sala Kominsky – 7,00 €

O compositor e músico Luis del Castillo volve á Sala Kominsky a presentar os temas do que será o seu primeiro disco. O seu estilo musical móvese entre a cadencia acústica do folk, o ritmo do country e a suciedade do grunge. En directo axúdase de efectos para a voz e a guitarra, ademais dun pedal de loops. Nesta reportaxe falamos do seu traballo.

CONCERTO DE DELPHINE DORA – Venres 8 ás 21:30h na Casa de Arriba – 8,00 €

Delphine Doura é unha compositora e música francesa que traballa principalmente con piano, órgano, harmonium e sintetizador. A súa música tamén inclúe a súa propia voz como instrumento do mesmo xeito que gravacións de campo.

CONCERTO DE JUNCO Y ALCALÁ – Venres 8 ás 22:00 h na Molotov – 22,00 €

Dous cantantes de rumba e cancioneiro tradicional xitano subiranse ao escenario da versátil Sala Molotov esta fin de semana.

MERCADO RECICLADO – Sábado de 12:00 a 21:00h en Simia Coworking – De balde

Evento mensual para coñecer marcas artesás, sostibles, creativas e autoxestionadas. O mercado tamén conta con actuacións musicais: Carolina Galand, ás 13:00 h; LuisMa Taboada DJ ás 18:00 h e concerto acústico de Lowtiders ás 19:30 h. Da súa organizadora, a deseñadora Felicetta Gualtieri, falamos nesta reportaxe.

SON DA INDUSTRIA – Sábado ás 19h na sala Rebullón – De balde

Asociación As da Industria organiza unha nova edición do festival Son da Industria; un evento protagonizado por creadoras galegas e quere poñer en valor a zona do Parque García Picher e que contará coa poesía de María da Pontragha e as actuacións musicais de AldaoladoHigh Paw e Sacha na Horta. Por mor da previsión metereolóxica o festival trasláse á sala Rebullón.

GUATEKE ABUR VERÁN – Sábado ás 20:00h na Alameda de Bouzas – De balde

REVISTA MAIO

A asociación cultural vila de Bouzas convida aos veciños a despedir o verán xuntos e con humos, nun guateke con música en directo dos 60 e 70 ao que se anima a asistir disfrazados.

PROXECCIÓN ‘MATRIA’ – Sábado ás 20:30h na Terraza superior do CC A Laxe – De balde

O Centro Comercial A Laxe convídanos a desfrutar dun cine de verán ao aire libre. O venres proxectarán Hotel Transilvania III e o sábado Matria. Matria é un premiado filme do realizador galego Álvaro Gago que retrata o día a días dunha nai e traballadora da industria conserveira, interpretada por María Vázquez. [EVENTO APRAZADO AO 16 DE SETEMBRO POR CHUVIA]