CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para esta fin de semana

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 17 ao 19 de novembro. Música, teatro, comedia, mercados… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Actuación de The Steepwater Band o pasado ano na Sala Rouge | P. Vázquez

RETROFEST – Venres e sábado de 10:00 a 21:00 no CC Camelias – De balde

Descobre libros antigos, curiosos, de segunda man e descatalogados, así como unha ampla selección de discos, vinilos, CDs e cassettes. Atopa eses tesouros do pasado que formaron parte da túa vida e lembra todos os momentos vividos! O venres 17 ás 19:30 haberá unha actuación de DSYPL

BRAVAS – Venres ás 21:00 no Auditorio Municipal – De balde

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, escondida e invisibilizada. Este evento forma parte da programación municipal polo 25N.

MONDRA – Venres ás 22:00 na Sala Rebullón – Desde 15,00€

Logo do seu paso polo Revenidas e de encher o mes pasado a compostelá sala Capitol con preto do millar de entradas vendidas, Mondra chega á Rebullón coa súa mistura de tradición e vangarda e un espectáculo que trascende con moito o musical. 

THE STEEPWATER BAND – Venres e sábado ás 22:00 na Sala Rouge – Desde 12,50€

Tras o éxito da súa actuación o ano pasado, os de Chicago volven á cidade olívica cun dobre concerto (o único que fan na súa xira española) da man de Máis que Blues. The Steepwater Band, en activo desde 1998, son unha das bandas máis representativas da escena de Chicago e do rock americano das dúas últimas décadas. O abono para as dúas noites é de 25,00€.

VERTIXE SONORA: CHARLA SOBRE A IA NA MÚSICA – Sábado ás 12:00 no Marco – De balde

Como actividade previa ao concerto Archon, incluído na programación do festival Vertixe Sonora, Roberto Alonso e Marek Poliks conversan sobre o pasado, presente e futuro da IA en ámbitos musicais.

CAMELA – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 37,00€

O dúo de tecno-rumba máis famoso do Estado chega a Vigo para repasar tres décadas de exitos populares e imperecedoiros. Con máis de sete millóns de discos vendidos, continúan desenvolvendo o seu enxeño e creatividade erixíndose como unha banda única e irrepetible en constante reinvención, cun estilo inconfundible que só lles pertence a eles.

XEITO MARKET – Domingo de 11:00 a 21:00 no Hotel NH Collection – De balde

Xeito Market, o mercado de deseño, moda e artesanía que se celebra en hoteis de luxo, levase a cabo por segunda vez en Vigo, na súa cita mensual dos terceiros domingos do mes. Esta nova cita dará voz a 20 emprendedores vigueses e doutras partes de Galicia, cinco máis en comparación coa edición do pasado outubro, os cales non teñen tenda física e a súa única canle de vendas é o mundo en liña, ofrecéndolles así un espazo de venda nun espazo de luxo.

RONSEL – Domingo ás 12:30 no Lar das Artes – De balde

Eladio Santos volve ao Lar das Artes co seu último proxecto Ronsel, que comezou en solitario e agora comparte con Andrés Cunha. Nel presenta novas composicións en galego e castelán, versiona aos artistas que o influíron e repasa algún dos seus temas máis salientables con Eladio y los Seres Queridos.

CORENTENA CON TOURIÑÁN E PERDOMO – Domingo ás 17:30 e 20:00 no Teatro Fundación – Desde 10,00€

REVISTA NOVEMBRO

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

UNDERFEST BITES: JOHN GRANT – Domingo ás 20:30 na Sala Masterclub – Desde 20,00€

Dous meses despois de rematar, o festival Underfest segue a traer boa música ás salas de Vigo. Tras unha carreira que iniciou nos 90 á fronte da banda de culto The Czars, a traxectoria de John Grant en solitario estivo infestada de éxitos e altibaixos . Desde colaborar con artistas masivos como Elton John, Kylie Minogue ou Robbie Williams ou outros como Elbow, Midlake ou Richard Hawley, a abrazar a escuridade nunha época de alcoholismo e drogas. A súa discografía está chea de discos e cancións marabillosas que aúnan forza e melancolía a partes iguais.