CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Dez plans para esta fin de semana

O tempo non está do máis apacible, certo, pero iso non implica que teñamos que quedar na casa toda a fin de semana. Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 20 ao 22 de outubro. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

O escritor Xosé Monteagudo | P. Vázquez

FESTIVAL KEROUAC – Venres e sábado en El Corte Inglés e Museo Marco – De balde

O Festival Kerouac, o evento de poesía, performance e música organizado por Marcos de la Fuente e Vanesa Álvarez, volve os días 19, 20 e 21 a diferentes espazos da cidade na súa 13ª edición coa intención de “baixar a poesía dos pedestais e levala á rúa”.

CELTA TOUR – Venres ás 20:00 e domingo ás 11:00 desde Príncipe – 10,00€

Un novo roteiro temático para celebrar os cen anos da fundación do Celta cun percorrido polo centro histórico repasando a hsitoria do fútbol en Vigo, a súa importancia a nivel nacional, e os feitos, lugares e personaxes que fixeron posible o nacemento dunha enorme paixón por este deporte e a posterior fusión dos dous equipos máis poderosos e populares, o Vigo Sporting e o Fortuna, dando lugar ao club máis histórico e representativo de Galicia: o Real Club Celta.

SHOWCOOKING JUAN CARLOS PERRET – Sábado ás 11:00 no Mercado do Berbés – De balde

O Mercado do Berbés prepárase para outro evento gastronómico este sábado 21 de outubro onde os amantes da boa comida e a cultura culinaria están convidados. Da man do Chef Juan Carlos Perret, do restaurante El Kero, impartirase unha exhibición e degustación de cociña gratuíta, onde os produtos galegos serán fusionados coa cociña peruana.

ESMORGA LITERARIA 2 – Sábado de 11:00 a 20:00 en RioLagares – De balde

Como acontecera o sábado 24 de xuño de 2023 e coa idea de promocionar a literatura en galego, o Espazo RioLagares, organiza unha esmorga literaria o sábado de 13:00 a 20:00, que ten como obxectivo asentar unha festa da escrita e da palabra. Acudirán Marta Dacosta, Manuel Forcadela, An Alfaya, Xosé Monteagudo, Román Raña, Pepe Cáccamo e Xurxo Borrazás.

AQUÍ TOU’, CON TOURIÑAN – Sábado ás 20:00 e 22:30 h no Teatro Afundación – Desde 12,00€

Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, o humorista lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

CAMELIAS FASHION DAY – Sábado ás 18:00 no CC Camelias – De balde

O Centro Comercial Camelias organiza o Camelias Fashion Day na planta baixa do centro comercial para gozar dunha tarde chea de moda, tendencias e moita alegría. Consistirá nun desfile de moda: todas as tendas do Centro Comercial Camelias presentarán as últimas tendencias. Á vez terá lugar venres e sábado o Retrofest, unha feira de libros antigos e curiosos, vinilos, discos e casetes.

HECHIZADOS – Sábado ás 18:00 na Sala Ártika – Desde 8,00€

Que pasaría se un feitizo transportara a un príncipe e a unha princesa aos nosos días? E se a  única persoa que puidese salvalos fose un escritor de novela negra que detesta os finais felices? E se a heroína do conto fose a princesa? Un musical creado con cancións orixinais de Víctor Lucas, que narra a historia dun escritor de novela negra en plena crisis creativa e persoal que é incapaz de atopar o final perfecto para a súa novela, ata que chega as súas mans un libro encantado do que xorden un príncipe e unha princesa aos que un malvado feiticeiro arrebatoulles o seu final feliz.

EUROPARTY CON EVA SANTAMARÍA – Sábado desde as 22:00 no Plaff – De balde

O sábado 21 de outubro volve a #EurovisionPetardPopParty na súa edición outonal, onde se reunirán todos os eurofans a partir das 22:00h no Plaff gozando de máis de 5h de videosesión 100% eurovisiva e coa actuación estelar ás 23:30h de Eva Santamaría, representante española en 1993 coa súa temazo atemporal ‘Hombres’!

XEITO MARKET – Domingo de 11:00 a 21:00 no Hotel NH – De balde

O vindeiro domingo 22 de outubro levarase a cabo a primeira edición de Xeito Market, un mercado de artesanía e deseño que pretende converterse nunha cita mensual todos os terceiros domingos de cada mes, no Hotel NH Collection. Esta nova cita dará voz a 15 emprendedores locais os cales non teñen tenda física e a súa única canle de vendas é o mundo en liña.

GALICIA ILUSIONA – Domingo ás 18:00 e 20:30 no Mar de Vigo – Desde 13,00€

Chega a Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” cos mellores e máis premiados ilusionistas do momento. Tras o éxito alcanzado na primeira edición, novos ilusionistas de diferentes partes do planeta veñen dispostos a facernos soñar nun espectáculo único.

VIALIA
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.