CANS
GALAXIA

'Corentena’ con Perdomo e Touriñán 

19nov17:3020:00'Corentena’ con Perdomo e Touriñán ESPECTÁCULOS | Desde 10,00€17:30 - 20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Dous pases: 17.30 h. e 20 h.

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Entradas

Máis

Hora

(Domingo) 17:30 - 20:00(GMT+01:00)