WELGOOD

Mondra

17nov(nov 17)22:00MondraCONCERTOS | Desde 15,00 € (novembro 17) 22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón, xestionada pola Comunidade de Montes de Tameiga, continúa afondando na difusión da cultura galega e dos novos talentos do país. Desta volta, o 17 de novembro ás 22 horas recibirá á revolución do ‘trad’ galego, Mondra, que presentará o seu primeiro e aclamado traballo, ARDĒN, cun espectáculo que non deixa a ninguén indiferente.

Logo do seu paso polo Revenidas e de encher o mes pasado a compostelá sala Capitol con preto do millar de entradas vendidas, Mondra chega á Rebullón coa súa mistura de tradición e vangarda e un espectáculo que trascende con moito o musical. As entradas están á venda en vivetix.com por 15 euros máis gastos.

Liberdade, sensualidade e afectos. A noite do vindeiro 17 de novembro, venres, a FOLĪA das ARDENTES chega á Sala Rebullón dun xeito irrepetible. Acollerá o directo de presentación do primeiro traballo discográfico de Mondra, un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega.

Artista, cantareiro e bailador, Mondra presenta con ARDĒN (Altafonte, 2023) –a súa esperada ópera prima, producida por Berto– unha experiencia musical, visual e performativa en diálogo coa música tradicional galega. Do son ARDENTE son ben coñecidos temas como PUNHETA!, SACOdePULGAS, Beijos de LK e RUMBAMBĀ. ARDĒN é unha proposta que viaxa desde a electrónica aos retrousos tradicionais, que é luminosa e reflexiva ao tempo, que celebra e reclama, que murmura e danza, que coida e berra… abrindo a porta a unha terra diversa e de resistencia.
Co espectáculo en vivo de ARDĒN o venres 17 de novembro, a Sala Rebullón será testemuña dun espectáculo único, coa presentación dos temas de ARDĒN, danza e visuais sobre a escena e convidadas ben especiais.

Entradas á venda desde 15,00 €

Máis

Hora

17 novembro, 2023 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events