UVIGO
FILLOAS

Xeito Market

17dec11:0021:00Xeito MarketFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 21:00(GMT+01:00) Hotel NH Collection

Detalles do eventos

O vindeiro domingo 17 de decembro Xeito Market, o mercado de deseño, moda e artesanía que se celebra en hoteis de luxo, levase a cabo por terceira vez en Vigo, na súa cita mensual dos terceiros domingos do mes, no Hotel NH COLLECTION de 11:00 a 21:00

Esta nova cita dará voz a 20 emprendedores vigueses e doutras partes de Galicia, cinco máis en comparación coa edición do pasado outubro, os cales non teñen tenda física e a súa única canle de vendas é o mundo en liña, ofrecéndolles así un espazo de venda nun espazo de luxo como é o hotel NH Collection.

Con entrada gratuíta para todos os asistentes.

  • Sabor y mesa: produtos reutilizables para mesas prácticas, únicas e bonitas.
  • Sembra Biojoyas: xoias naturais inspiradas na arte indíxena.
  • Chicas del Vinilo: moda e complementos para facer os teus agasallos especiais.
  • Letizia by Letizia: Xoias de creación propia sobre varios materiais como cerámica,resina…
  • Sisterciñas: roupa e complementos para elas
  • Adanegra téxtil: Moda artesá galega
  • Alexandra joyería de autor: deseñadora de xoias con pedras naturais
  • Las cosas de Noe shop moda: moda feminina
  • Isabel Durá: artista gráfica
  • Meganxo: bolsos de crochet
  • O recuncho da gholpe: obxectos de artesania resina
  • Rilla rilla: mochilas e bolsos handmade en polipiel
  • SP Atelier infantil: Taller artesanal de complementos infantís
  • Bi Blum: xoias artesanais inspiradas na natureza galega
  • Contrabando da Ria: produtos gourmet do mar
  • Amora artesania: papeleria creativa handmade
  • Catro ventos: mel premium
  • Ocurrucho da bolboreta: ponchos e complementos hand made realizados en crochet
  • Aurarte: xoiería en arxila polimérica
  • Evesketches: artista e deseñadora

O Pop Up Xeito Market é unha iniciativa que reúne a emprendedores locais para presentar os seus produtos en hoteis de luxo creando espazos cheo de creatividade e deseño, caracterízase por unha coidada selección de produtos e unha elegante localización como é un dos hoteis máis exclusivos da cidade, no caso de Vigo o NH Collection.

Conta cunha ampla gama de artigos que inclúen artesanías, produtos gourmet, moda e arte, este mercado proporciona aos asistentes a oportunidade de descubrir auténticos tesouros locais e apoiar aos negocios emerxentes da zona.

Máis

Hora

17 decembro, 2023 11:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Hotel NH Collection

Rúa de García Barbón, 17-19, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events