CANS
GALAXIA

Underfest Bites: JOHN GRANT

19nov20:30Underfest Bites: JOHN GRANTCONCERTOS | Desde 20,00€20:30(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

Tras unha carreira que iniciou nos 90 á fronte da banda de culto The Czars, a traxectoria de John Grant en solitario estivo infestada de éxitos e altibaixos . Desde colaborar con artistas masivos como Elton John, Kylie Minogue ou Robbie Williams ou outros como Elbow, Midlake ou Richard Hawley, a abrazar a escuridade nunha época de alcoholismo e drogas.

Tras pasar a súa particular travesía polo deserto, “unha alma en reconstrución” como se chegou a dicir, o artista americano afronta unha época serena e inspirada, na que recibe o recoñecemento unánime dos medios. Entre outros, a prestixiosa revista “Mojo” elixe o seu disco “Queen of Denmark” como o mellor do ano, recibe o nomeamento aos Brit Awards como mellor artista do ano. Os exitosos traballos que vai editando lévanlle tamén a ser chamado para actuar nos principais festivais do planeta (Glastonbury, Latitude, Roskilde, Primavera Sound, Sónar, etc…).

A súa discografía está chea de discos e cancións marabillosas que aúnan forza e melancolía a partes iguais. Ás veces escuro e atormentado, logra converter eses demos interiores que saen ás veces nunha fraxilidade que se torna en beleza extrema. Sátira feroz, letras persoais, profundas e exquisitas que marcaron o pulso dunha vida e traxectoria peculiar.

Underfest trae por 1ª vez a Galicia ao músico que creceu entre Michigan e Denver (desde hai tempo residente en Islandia). Unha oportunidade única de gozar dun dos mellores songwriters dos últimos anos ao que definiron como un dos grandes cronistas musicais do soño americano, que demostra o seu activismo a través das súas letras.

Na súa inminente xira pasará por varias capitais europeas e dará só 2 concertos no noso país, Vigo e Madrid. O seu concerto de Underfest será nun aforo reducido, probablemente o máis pequeno de toda a xira, para gozar dun artista tremendo nas distancias curtas.

Entradas

Máis

Hora

(Domingo) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events