ASNEVES
REVISTA MAIO

Dez plans para esta fin de semana

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 10 ao 12 de novembro. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Magia en la Manga | P. Vázquez

O PETISQUIÑO – Todos os días ata o 26 de novembro en múltiples locais – Desde 2,5€

Esta fin de semana comeza a 9ª edición do Petisquiño, o popular concurso de tapas da hostalería viguesa que ten lugar ata o domingo 26. Este ano participan 37 locais e os dez finalistas competirán en directo nunha final o mércores 29 de novembro.

ELIADES OCHOA – Venres ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 27,00€

O histórico músico cubano Eliades Ochoa, un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, pechará en Vigo unha xira europea de máis de 40 concertos, nos que presentou os temas do seu último disco “Guajiro”, que veu a luz neste 2023. Este é o noveno álbum da súa carreira, no que colaboraron artistas como Rubén Blades, Joan as a Police Woman ou o bluesman Charlie Musselwhite.

MAGOSTOS – Venres e sábado e varias localizacións – De balde

Se hai algo outonal por antonomasia é o Magosto. Castañas quentes, viño e música, entre outras cousas, son os ingredientes principais para celebrar esta festividade tan nosa. Salvo que a climatoloxía o impida, hai programadas unha decena de eventos por toda a cidade.

FESTA SWAP – Sábado ás 13:00 en La de Julio – De balde

Esta semana Sara, creadora de PeluqArt, volve a Vigo e como non podía ser doutro modo quere celebralo montando un sarao a altura das circunstancias. Non faltará a música a través da que se fusionará Vigo con Berlín. O funcionamento do swap é moi sinxelo: cada persoa debe levar como máximo tres prendas que queira intercambiar. Unha maneira orixinal e sostible de renovar o armario e dar unha nova vida a esa roupa que xa non empregamos.

VERTIXE – Sábado ás 18:00 no Auditorio Martín Códax e domingo ás 13:00 no Marco – De balde

Vertixe é un festival de creación musical contemporánea e arte sonoro que se vén celebrando desde comezos de outubro. Esta fin de semana ten dous concertos programados: Exilios, o sábado ás 18:00 no Martín Códax; e Liminaris, o domingo ás 13:00 no Marco. Propostas musicais e visuais arriscadas e innovadoras.

VÉRSAME – Sábado ás 20:00 na Sala Rebullón – De balde

Se es un amante da poesía, un narrador de microrrelatos, un apaixoado das música ou simplemente un admirador da arte en todas as súas formas, interésache este evento único. Para participar, só tedes que avisar ao inicio na propia sala.

JORGE BLASS – Sábado ás 20:00 e domingo ás 18:00 no Teatro Afundación – Desde 22,00€

O aclamado ilusionista Jorge Blass presenta o seu novo e esperado espectáculo ‘Flipar’ no Teatro Afundación de Vigo esta fin de semana. É un show moi especial para o que se necesitou dous anos de traballo. Jorge Blass ofrecerá ao seu público novas ilusións para deixalos absolutamente asombrados. Unha experiencia única na que a maxia se adianta á tecnoloxía para demostrarnos que non existe o imposible.

FESTA SWING – Sábado ás 21:30 na Sala Kominsky – 3,00€

O próximo sábado 11 de novembro Swing On organiza un festón na Kominsky a partir das 21.30h con 3 DJs para ter unha selección variada de música: DJ María, DJ Prof. Munroe e DJ Patiño.

TRES COSAS – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

Tres cosas é unha comedia romántica de “ chica coñece a chico” que disecciona con humor os máis serios temores que ameazan as relacións humanas: o medo ao sufrimento, ao compromiso, ao fracaso, á incertidume constante dos sentimentos ou a inconstante certidume dos fillos… En definitiva: o medo a vivir.

A IGUALDADE NON TEN TRUCO – Domingo ás 18:00 no Auditorio Municipal – 5,00€

Neste espectáculo de maxia educativa, unha maga e un mago forman este dúo para realizar misterios e imposibles que ademais nos levarán por diferentes conceptos do feminismo e da igualdade de xénero. Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado, ou unha volta atrás no tempo á época das primeiras e máis importantes magas. Realizado por Magia en la Manga.