WELGOOD

Jorge Blass

11nov20:00Jorge BlassESPECTÁCULOS | Desde 22,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O aclamado ilusionista Jorge Blass presenta o seu novo e esperado espectáculo ‘Flipar’ no Teatro Afundación de Vigo esta fin de semana. O sábado 11 de novembro actuará ás 20:00 horas e o domingo 12 ás 18:00 horas. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.

‘Flipar’, distribuído en Galicia por Etiqueta Negra, é un show moi especial para o que se necesitou dous anos de traballo. Jorge Blass ofrecerá ao seu público novas ilusións para deixalos absolutamente asombrados. Unha experiencia única na que a maxia se adianta á tecnoloxía para demostrarnos que non existe o imposible.

A maxia será tan asombrosa que chegará un punto que fará que o público dubide mesmo dos seus propios sentidos e as ilusións traspasarán as portas do teatro sorprendendo a propios e estraños. E, por suposto, sempre cun sorriso na cara.

Entradas

Máis

Hora

11 novembro, 2023 20:00(GMT+02:00)