CANS
GALAXIA

Eliades Ochoa

10nov21:00Eliades OchoaCONCERTOS | Desde 27,00€21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O histórico músico cubano Eliades Ochoa, un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, actuará en Vigo o vindeiro 10 de novembro, O concerto terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e enmárcase dentro do ciclo de concertos “Suseia et Ultreia”, patrocinado polo Xacobeo e a Xunta de Galicia.

Ochoa pechará en Vigo unha xira europea de máis de 40 concertos, nos que presentou os temas do seu último disco “Guajiro”, que veu a luz neste 2023. Este é o noveno álbum da súa carreira, no que colaboraron artistas como Rubén Blades, Joan as a Police Woman ou o bluesman Charlie Musselwhite. Avalado por 4 Grammy Latinos e cunha nominación aos Grammy, Eliades Ochoa (Santiago de Cuba, 1946) é unha lenda da música internacional e chegará a Vigo despois de pasar pola mítica sala Londinense Koko, onde actuará o vindeiro 29 de outubro coas entradas esgotadas desde hai semanas.

Ademáis da súa dimensión como sonero e de ser unha referencia absoluta da música tradicional cubana, Ochoa está considerado o mellor guitarrista da súa xeración. A súa imaxe, co seu icónico sombreiro de cowboy e o seu gusto por vestir de negro, valéronlle o sobrenome do Johny Cash de Cuba.

Aínda que xa tiña unha carreira consolidada, desde a publicación do histórico álbum Buena Vista Social Club, en 1997, producido por Ry Cooder, a súa vida cambiaría para sempre, do mesmo xeito que revolucionaría a historia musical de Cuba. O filme do mesmo nome, dirixido por Wim Wenders acadaría unha gran sona mundial e mesmo sería finalista dos Oscar.

Entradas

Máis