CANS
GALAXIA

Festival Vertixe: EXILIOS

11nov18:00Festival Vertixe: EXILIOSFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Concerto inaugural do Vertixe 11 dirixido por Mariano Chiachiarini, o vindeiro domingo 8 de outubro de 2023 ás 18h no Auditorio Martín Códax de Vigo, co que se da inicio á undécima edición do FESTIVAL DE CREACIÓN MUSICAL CONTEMPORÁNEA E ARTE SONORO VERTIXE.

Son, unha coprodución internacional dirixida polo prestixioso Mariano Chiachiarini (Bos Aires, Arxentina, 1982) e comisariada por Lukas Ligeti (Viena, Austria, 1965), en colaboración con El Contemporáneo, Festival de Música de Canarias e os World Music Days da ISCM, que este ano celebran o centenario da International Society of Contemporary Music en Johannesburgo e Cidade do Cabo (Sudáfrica). Dous anos de traballo que se materializarán en NJANGI. Estamos en África. A casa Njangi é o termo africano para designar unha antiga forma de partillar os recursos comunitarios despois da colleita como espazo radical de convivencia; lugar para comer e beber, un espazo de arte e unha plataforma discursiva. A casa Njangi procura comprender, negociar e abrollar novas formas de entendemento entre África e Europa, entendendo a práctica artística como un exercicio que constrúe convivencia. A través da música de Ahmed Essyad (Sale, Marrocos, 1938), Monthati Masebe (Johanesburgo, Sudáfrica, 1995), Ayo Oluranti (Ibadan, Nixeria, 1972), Daniel Roca (As Palmas de Gran Canaria, España, 1965) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976), Njangi aposta por un achegamento á música do continente africano no limiar que antecedente ás nocións de occidental e non occidental. Aproximación, irmandamento, afondamento de lazos de acollida… e, no ar, a impresión de que as cousas poderían ter sido doutro xeito. Encabeza o programa o vibrante dúo para trompeta e percusión Tangle, de Lukas Ligeti, auténtico animador dunha iniciativa en cuxo corazón parece latexar a súa propia traxectoria artística e vital.

Programación:

NJANGI – Venres 8 de outubro, 18h. | Auditorio Martín Códax, Vigo

CORROSION RESISTANCE – Sábado 14 de outubro, 20h. | MARCO, Vigo

IMPORT/ EXPORT – Domingo 22 de outubro, 20h. | Auditorio Martín Códax, Vigo

PLURAL – Venres 27 de outubro, 20h. | Auditorio Martín Códax, Vigo

EXILIOS – Sábado 11 de novembro, 18h. | Auditorio Martín Códax, Vigo

LIMINARIS – Sábado 11 de novembro, 21h | MARCO, Vigo

ARCHON – Domingo 12 de novembro, 13h | MARCO, Vigo

Entradas: Todos os concertos son de entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events