Dez plans para desfrutar esta fin de semana en Vigo
Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 3 ao 5 de novembro. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
PRÁZDNO – Venres ás 20:00 h en A Morada – 8,00 €
Peza teatral Prázdno con Isolda Comesaña, Maria Fariñas e Sandra Beiro.
SIN OJANA – Venres ás 20:00 h no auditorio do Auditorio do Concello – 8,00 €
Espectáculo de circo flamenco dentro do programa municipal Vigocultura. Chicharrón, último enlace dunha dinastía flamenca, trae o carromato onde garda a peña flamenca familiar, na que fusionará os ritmos e compases do flamenco cos malabares.
LOS NAIPES – Venres ás 22:00 h en La Pecera – 8,00 €
Los Naipes son unha banda de Vigo formada por catro tipos amantes do Blues, o Rock & Roll e outras malas artes, sobrados de experiencia e faltos de vergoña. O grupo está formado por Andrés Cunha, Óscar Avendaño, Toño López e Mauro Comesaña.
LA BIBLIOTECA IMAGINARIA – Sábado e domingo ás 18:00 h na Sala Ártika – Desde 8,00 €
Teatro Arbolé ten como obxectivo principal transmitir aos nenos e nenas o pracer da lectura, e presentar as bibliotecas coma lugares cheos de maxia onde cada libro é un pequeno e marabilloso tesouro.
A VIDA UN FRENESÍ – Sábado ás 19:00 h no Teatro Salesianos – Desde 15,00 €
Espectáculo de comedia clown para todo os públicos que trata o paso do tempo, desde a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade sociopolítica en clave de humor. Espectáculo de Barafunda protagonizado polos coñecidos paiasos Popín e Lolo.
O SON DAS MÁMOAS – Sábado desde ás 19:00 h no espazo de lecer e festas de Candeán – Desde 8,00 € [EVENTO CANCELADO POLA PREVISIÓN METEREOLÓXICA]
Volve o festival organizado pola xente nova de Candeán con actuacións de bandas galegas: Rebeliom do Inframundo, Treintañeras Cañeras, Nadie González, Tamagoxxxi Sound System e Overdose Club.
KATARINA LESKOVAR E ENSEMBLE VIGO 430 – Sábado ás 20:00h no Auditorio Martín Códax – Desde 10,00 €
Concerto protagonizado pola violonchelista Katarina Leskovar acompañada do ensemble vigués Vigo 430 formado por dous violíns, viola e piano.
KITAI – Sábado ás 21:00 h na Sala Sinatra – De balde
A banda de rock Kitai chega ás salas de Galicia da man de “Directos Vibra Mahou”. A banda, que se define como “un estado mental, que nunca pediu permiso, nin vai facer de tripas corazón”, presenta o seu último traballo deixando claro que non son “Tu Puta Banda de Pop”.
MEDIA MARATÓN DE VIGO – Domingo ás 10:00 h desde a Praia do Vao
25ª edición de La21Media Maratón de Vigo, cun percorrido lineal desde a praia do Vao ata o centro da cidade de Vigo. O mesmo día en horario das 11:00 da mañá celébrase a tradicional 10k, que volve tomar o nome de “os 10.000 de Alejandro Gómez” en homenaxe a este gran deportista español nado en Vigo.
ÓPERA DON PASQUALE – Domingo ás 19:00 h no Teatro Afundación – Desde 20,00 €
Actividade dentro da programación Otoño Lírico 2023, da Asociación Amigos de la Ópera Vigo, que este ano fai 65 anos. Don Pasquale é unha ópera bufa en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giovanni Ruffini estreada no Teatro dos Italianos de París o 3 de xaneiro de 1843.