CANS
GALAXIA

Ópera: 'Don Pasquale'

05nov19:00Ópera: 'Don Pasquale'ESPECTÁCULOS | Desde 20,00 €19:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Actividade dentro da programación Otoño Lírico 2023, da Asociación Amigos de la Ópera Vigo, que este ano fai 65 anos. O programa inclúe óperas representadas, cine, charlas e pode verse completo aquí.

Estes son os tres espectáculos que pechan a tempada e que podemos desfrutar durante os próximos días:

HABLEMOS DE… Don Pasquale. What Else?
4 de novembro ás 19:30 h – Sala de Conferencias do Centro Social Afundación – Entrada de balde

Mesa redonda a cargo de Manuel Coves (director musical), Eugenia Corbacho (directora de escena) e diferentes membros do elenco.

ÓPERA: Don Pasquale
5 de novembro ás 19:00 h – Teatro Afundación – Desde 20,00 € (os socios de Amigos de la Ópera poden adquirir unha entrada co 50% de desconto)

Don Pasquale é unha ópera bufa en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giovanni Ruffini e o propio compositor, adaptado do texto da ópera italiana Ser Marco Antonio, escrito por Angelo Anelli para Ser Marcantonio (1810) de Stefano Pavesi. Don Pasquale estreouse no Teatro dos Italianos de París o 3 de xaneiro de 1843.

Ficha artística e técnica:

Don Pasquale.- Fernando Latorre(baixo)
Norina.- Natalia Labourdette (soprano)
Ernesto.- Jesús León (tenor)
Doutor Malatesta.- Fernando Campero (barítono)
Notario.- Adolfo Díaz (barítono)
Criados.- Noelia Ratel, Mariña Río, Juan A. Gómez

Coa colaboración especial de Carlos Velero
Orquestra Sinfónica Vigo 430 Coro Rias Baixas (Dir. Brais González)
Director Musical. – Manuel Coves
Dirección de Escena. – Eugenia Corbacho

HABLEMOS DE… Victoria de los Ángeles. Línea y Sutileza
6 de novembro ás 19:30 h – Sala de Conferencias do Centro Social Afundación – Entrada de balde

Conferencia a cargo de Arturo Reverter, escritor e crítico musical.

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)